A Xunta mantén en situación indefinida a concesión dos helicópteros de gardacostas

A Xunta mantén en situación indefinida a concesión dos helicópteros de gardacostas

A Xunta mantén en situación indefinida a concesión dos helicópteros de gardacostas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, advertiu que a Xunta mantén en situación “indefinida e indeterminada” a concesión dos helicópteros de Gardacostas. Así o dixo logo da resposta do secretario xeral técnico da Consellería do Mar a unha pregunta socialista sobre a situación desta concesión.

Soneira advertiu que, de acordo coas palabras do representante do Goberno galego, logo de ter rescindido o contrato de xestión dos helicópteros adscritos a Gardacostas en maio de 2011, a Xunta aínda non adxudicou o novo contrato. A responsable socialista amosou “serias dúbidas” sobre as condicións e amparo legal da situación actual na que os helicópteros Pesca I e Pesca II están a prestar o seu servizo.

Amosou a súa preocupación polas afirmacións do propio secretario xeral, quen recoñeceu que a día de hoxe non hai garantía de que haxa empresas interesadas neste concurso nas condicións establecidas pola Xunta.

A portavoz de Pesca concluíu que o Goberno galego decidiu “malvender” estas aeronaves que formaban parte do patrimonio galego e que xa tiñan sido amortizadas mesmo dous anos antes de que rematara o contrato de xestión dos helicópteros. Dixo que diante desta nova situación “corremos o risco de que a empresa adxudicataria, que terá os helicópteros en propiedade, decida levalos de Galicia e deixarnos sen eles”.

1,5 millóns máis caro

Explicou que, coa decisión da Xunta, non se ten producido aforro algún nos orzamentos da Xunta senón que, ao contrario, a día de hoxe o servizo de gardacostas custa 1,58 millóns de euros mais. Engadiu que no resto do Estado “a tendencia é xustamente a contraria”, que é a de adquirir as naves e aeronaves “en propiedade” e dependentes da administración autonómica.

A responsable socialista cuestionou hoxe así que a decisión do Goberno galego teña mellorado as condicións laborais dos traballadores, a teor das denuncias e queixas públicas que se teñen rexistrado. Dixo tamén que non se teñen producido melloras técnicas, mentres o servizo non ten mellorado neste período de tempo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar