A Xunta, mais preocupada de tapar os escándalos de corrupción que de loitar contra o paro

A Xunta, mais preocupada de tapar os escándalos de corrupción que de loitar contra o paro

A Xunta, mais preocupada de tapar os escándalos de corrupción que de loitar contra o paro

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que propón un investimento mínimo de 400 millóns de euros dirixidos ás políticas activas de emprego entre os anos 2015 e 2016 para acadar a creación dun mínimo de 50.000 postos de traballo neste período.

A responsable socialista alerta de que a drástica caída de investimentos para a promoción de emprego, a conseguinte suba descontrolada do paro e a dramática emigración laboral son “os lamentables sinais de identidade do fracaso das políticas económicas do goberno de Feijóo nos últimos seis anos”.

Quintas explicou que o goberno galego pasou de investir 2.500 euros por cada galego e galega sen traballo en 2010 aos 650 fixados para o ano 2014, uns recortes drásticos que fan “de todo punto incongruente asegurar que a loita contra o desemprego é unha prioridade”.

A realidade é que hoxe hai 95.600 parados mais e 151.200 postos de traballo menos que cando Feijóo chegou á Xunta en 2009, resultado da “forte e inasumible emigración laboral provocada polo goberno do PP”.

O paro aumentou nesta etapa un 59 por cento, fronte ao 35 por cento que o fixo no conxunto do Estado, e mesmo cando diminúe o seu descenso é menor, un 2 por cento, tres veces menos que o 6 por cento que descendeu o desemprego en toda España. Igualmente, a taxa de paro sitúase actualmente 3,4 puntos porcentuais por debaixo do Estado, cando en 2009 estaba 5,2 puntos por enriba.

Resulta de todo punto “incomprensible”, dixo, o “desleixo” amosado polo executivo de Feijóo diante do plan de estímulo á economía europea anunciado polo novo presidente da Comisión Europea, Jean – Claude Junker, cun investimento de 300.000 millóns de euros en tres anos, dos que Galicia “debera captar un mínimo de 1.500 millóns” para utilizar como balón de osíxeno contra o desemprego.

Corrupción

“Lamentablemente –advirte- o goberno galego semella ter postas todas as súas enerxías en tapar os escándalos de corrupción que apuntan aos cursos de formación financiados pola Consellería de Traballo que semellan estar destinados a financiar ao PP galego”. Esixiulle ao goberno galego que “comece a traballar para impulsar a creación de emprego para tódolos galegos e galegas e non só para os membros do PP”.

Reclamoulle ao goberno galego que se dirixa fundamentalmente aos mozos e mozas, mulleres e parados de longa duración, así como outros colectivos especialmente vulnerables que precisan de subsidios que garantan a súa incorporación ao mercado laboral.

Finalmente, propón a posta en marcha dun “Observatorio de desprazamentos profesionais” co obxecto de facilitar o retorno das persoas desprazadas fóra de Galicia, “nomeadamente mozas”, e poñer á súa disposición “unha canle de intercambio entre a mocidade emigrada e as empresas con centros de actividade no noso país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar