A Xunta licita un contrato de máis de 45 millóns para limpeza de edificios administrativos que deixa fóra as pemes galegas

A Xunta licita un contrato de máis de 45 millóns para limpeza de edificios administrativos que deixa fóra as pemes galegas

A Xunta licita un contrato de máis de 45 millóns para limpeza de edificios administrativos que deixa fóra as pemes galegas

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas catro asociacións provinciais de Galicia dos empresarios de limpeza de edificios e locais. O socialista denuncia que a Xunta vén de licitar un contrato de máis de 45 millóns de euros para a limpeza dos edificios administrativos sen división en lotes, o que “impide que as pemes galegas do sector poidan participar nestas licitacións”.

Villoslada apunta que os socialistas xa pediron a paralización desta licitación por parte da Xunta o pasado 21 de febreiro e porán a situación en coñecemento do Consello de Contas. Advirte de que o goberno galego debe “seguir as recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia” para que as licitacións “poidan facerse en condicións que faciliten a concorrencia non só das grandes corporacións senón tamén das pemes galegas, absolutamente capacitadas para estes servizos”. Algunhas pemes que ata o de agora prestaban estes servizos “van ser desbancadas por grandes corporacións”, di o socialista. “Non é razoable que a concorrencia sexa tan escasa nun contrato de 45 millóns de euros neste sector; non podemos poñerlles atrancos ás empresas galegas”.

Villoslada apunta que esta decisión “infúe no emprego, no tecido empresarial de Galicia e no sector das pemes, que é fundamental para unha economía sana”. En concreto neste sector en Galicia hai máis de 900 empresas que dan traballo a 20.000 traballadores, “dos que 17.000 son mulleres”, destaca. “Cando escoitamos ao presidente da Xunta falar da economía en Galicia, do emprego e das pemes non podemos entender como se fai unha licitación deste tipo”, di, “que supón unha preocupación laboral, económica e fiscal e pon en xogo moitos empregos”.

Co persoal precario da administración pública
Con anterioridade a esta reunión, Villoslada estivo cos traballadores e traballadoras da Marcha do Persoal Precario da administración pública para trasladarlles o apoio do grupo socialista. O deputado lembra que ”un de cada catro empregos na administración son temporais”, o que supón “unha taxa de temporalidade e precariedade e deterioro dos servizos públicos que non é sostible e que hai que tratar de revertir a toda costa”.

O deputado lembrou que no vindeiro pleno o grupo socialista fará un monográfico de iniciativas sobre emprego, e incidiu na “chantaxe política” que está a vivir Galicia coa oferta de emprego público de 2017, “unha actuación do goberno de España asumida de forma disciplinada pola Xunta que leva a unha situación caótica”, di. “Hai mecanismos legais para convocala sen dúbida. A certeza xurídica ninguén a pode ter. Os recursos que poida interpoñer o goberno central non son automatismos divinos , son decisións políticas dun goberno que quere recurrir ou non. Se por decreto lei recurtamos servizos públicos en 2012, por decreto lei se poden recuperar. O resto son excusas”, afirmou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar