A Xunta leva tres anos coas Directrices de Ordenación do Territorio "gardadas nun caixón"

A Xunta leva tres anos coas Directrices de Ordenación do Territorio "gardadas nun caixón"

A Xunta leva tres anos coas Directrices de Ordenación do Territorio "gardadas nun caixón"

O portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou ao goberno de manter as Directrices de Ordenación do Territorio –DOT- e o Plan de Ordenación do Litoral –POL- “gardados nun caixón” logo de tres anos da súa aprobación. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para reclamarlle á Xunta que informe sobre o desenvolvemento destas normas, e que foi rexeitada polo PP.

Lembrou que os textos foron redactados ao longo de 6 anos, comezados polo goberno socialista e concluídos polo PP en 2011. Malia a este traballo inxente, e logo de ter aprobado en 2013 o decreto de desenvolvemento das DOT, o goberno galego aínda non tramitou nin tan sequera ten comezado os traballos de elaboración de ningún dos sete plans territoriais integrados, que coinciden coas sete grandes áreas urbanas de Galicia, nin dos plans das concas hidrográficas.

Sánchez Bugallo lamentou que estas normas tan só teñan a día de hoxe unha “utilidade indirecta para a elaboración dos plans de ordenación urbana dos concellos ou outras figuras de planeamento”, sen poder is mais lonxe pola conxelación do desenvolvemento normativo por parte da Xunta.

Os socialistas reclamaron un informe sobre a situación actual e o desenvolvemento futuro previsto nas Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral, “incluíndo o estado de tramitación en relación aos concellos acollidos á disposición transitoria da Lei de Costas actualmente en vigor”.

O PP utilizou a súa maioría para rexeitar esta proposta, así como a solicitude de que a nova Lei do solo de Galicia fora aprobada por unha maioría mínima de dous terzos do Parlamento de Galicia, co obxecto de garantir un consenso mínimo e un “compromiso político concreto” por parte do goberno.

Sánchez Bugallo cuestionou a suposta “vontade de acordo” que ofreceu o PP con relación a este asunto. Explicou que “non é un problema de falla de confianza, simplemente vimos de rematar onte un Pleno do que as 1.308 emendas presentadas pola oposición foron laminadas polo PP, co que non apreciamos esa vontade de acordo por ningún lado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar