A Xunta leva dez meses sen retirar produtos contaminantes depositados en Narón

A Xunta leva dez meses sen retirar produtos contaminantes depositados en Narón

A Xunta leva dez meses sen retirar produtos contaminantes depositados en Narón

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, ven de denunciar que a Xunta leva xa dez meses sen ter retirado os materiais contaminantes depositados por Xilo Galicia, SL, en varias parcelas de Santa Mariña do Monte –Narón-. A parlamentaria socialista preguntoulle ao goberno por estes materiais na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento.

Vilán considerou “incrible” que o goberno galego pretenda responsabilizar ao concello de Narón da análise da contaminación e mesmo da retirada destes materiais cando se trata dunha competencia

do goberno galego. Apuntou que o Concello xa ten concedida a licenza que permitiría a retirada dos materiais.

Criticou que o Goberno galego se teña presentado na Comisión de hoxe alegando “descoñecemento” do expediente nun intento desesperado de eludir a súa responsabilidade.

A parlamentaria socialista explicou que a empresa, un complexo xestor de residuos, comunicou no seu día o uso de tecnosolos para a reforestación destas fincas sempre que non emitiran olores e non contaminaran, entre outras condicións. Unha inspección posterior revelou o uso irregular destes tecnosolos incumprindo a normativa, e que mesmo emitían nitratos un 30 por cento por enriba do límite permitido.

Vilán apuntou que a propia Consellería de Medio Ambiente da Xunta concluíu a existencia dun posible risco real para a saúde pública nun recheo de 1.500 toneladas que desemboca no lago de Valdoviño, Pedroso, Santa María do Monte, Pereiruga e Sedes, si ben despois de dez meses continúan alí depositados.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar