A Xunta leva ao turismo galego a un panorama "desolador e estéril"

A Xunta leva ao turismo galego a un panorama "desolador e estéril"

A Xunta leva ao turismo galego a un panorama "desolador e estéril"

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Luis Gómez Piña, acusou hoxe á Xunta de provocar un “panorama desolador e estéril” no turismo galego. Advertiu que o fracaso da xestión do goberno galego e a falla absoluta de iniciativas sitúa ao turismo galego “nunha das súas peores situacións” en toda a historia da autonomía.

Así o evidencia o descenso drástico no número de viaxeiros e pernoctacións correspondentes ao ano 2011, que descendeu un 12 por cento con relación ao ano anterior e preto dun 16 por cento con relación á media dos últimos cinco anos. O responsable socialista sinala que estas cifras contrastan cun incremento xeneralizado en todo o Estado.

Engadiu que, de acordo cos datos dos dous primeiros meses do ano 2012, e especialmente os rexistrados na pasada Semana Santa “non son nada alentadores, apuntando a seguir moi mal” en relación co comportamento no conxunto do Estado.

Esta é a consecuencia, dixo, dunha caída xeneralizada nas partidas orzamentarias para turismo entre 2009 e 2012 que cualificou de “escandalosa”, cunha caída do 36,35 por cento, preto dos 29 millóns de euros. Isto supón que nos últimos tres exercicios foron presupostados “case 54 millóns de euros menos con relación ao ano 2009”.

De lado

Advertiu da gravidade de deixar “de lado” un sector que supón mais do 10 por cento do PIB da economía galega e o 11,5 por cento do total do emprego desta autonomía. As consecuencias, explicou, poden ser tan graves como que teñamos vivido en 2010 o Xacobeo con menor número de visitantes dende 1999, o que evidencia unha “actuación equivocada e mal planificada” por parte da Xunta de Galicia.

Ademais, apuntou que o Goberno galego augura a pervivencia deste problema logo da aprobación dunha Lei de Turismo “nacida do oportunismo partidista e da confusión da política de turismo do actual goberno”. Este texto “relega o papel dos concellos na participación e colaboración da planificación e dirección da política turística” mentres a Xunta apraza “sine die” a aprobación do seu regulamento executivo.

Reclamou á Xunta que exerza as competencias exclusivas para a promoción e ordenación do turismo de Galicia que lle confire o Estatuto de Autonomía, xa que “a nosa política e estratexia turística precisa dunha reformulación para tomar en serio a un sector estratéxico para Galicia”.

Instou á Xunta a “mellorar as infraestruturas, difundir as actividades turísticas, incentivar a creación de ofertas atractivas e unha promoción axeitada dos activos cos que xa contamos” en Galicia, como son “a nosa cultura, historia e condicións naturais de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar