A Xunta incumpre o acordo parlamentario para suprimir praguicidas letais para as abellas

A Xunta incumpre o acordo parlamentario para suprimir praguicidas letais para as abellas

A Xunta incumpre o acordo parlamentario para suprimir praguicidas letais para as abellas

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe á Xunta de incumprir o acordo parlamentario aprobado en febreiro de 2013 para analizar e suspender a utilización de praguicidas neonicotinoides e fenilpirazoles, que atacan ás abellas.

Vilán presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente celebrada hoxe no Parlamento, na que lembrou que a prohibición do uso destas substancias parte da Comisión Europea e mesmo da Directiva 12872009/CE, que impide fumigar dende o aire. Sinala que estes praguicidas etán directamente relacionados coa morte masiva de abellas nas plantacións de millo, colza, xirasol e algodón.

Ademais de que os praguicidas se trasladan aos humanos, lembrou que a desaparición das abellas pode provocar a perda masiva de cultivos básicos para o uso humano, coa conseguinte “perda de diversidade e de calidade alimentaria”, afectando aos ecosistemas naturais e ao medio ambiente en xeral.

A UE ten documentado un nivel de mortalidade de abellas que oscila entre o 3,5 e o 33,6 por cento das poboacións, segundo os países, e que xa ameaza aos abellóns, fundamentais na polinización da maioría dos cultivos básicos para a alimentación mundial.

Malia a evidencia dos datos, advirte que o goberno galego non ten feito “absolutamente nada” para dar cumprimento ao mandato do Parlamento de Galicia, que acordaba instar ao goberno central a “desenvolver os estudos e análises pertinentes” para afondar nas investigacións sobre o impacto dos praguicidas nas poboacións de abellas.

Ademais, reclamaba en febreiro de 2013 “iniciar o procedemento para a suspensión da fabricación, comercialización e utilización do conxunto de todos os praguicidas neonicotinoides e fenilpirazoles en España e a adopción de medidas de protección das abellas e os polinizadores en xeral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar