A Xunta incumpre a normativa comunitaria ao carecer de Plan de Seca

A Xunta incumpre a normativa comunitaria ao carecer de Plan de Seca

A Xunta incumpre a normativa comunitaria ao carecer de Plan de Seca

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, advertiu  que a Xunta está incumprindo a Directiva Marco da Auga da UE e a Lei Xeral de Augas ao non ter elaborado un Plan de Seca. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente sobre o abastecemento de auga.

A responsable socialista sinalou que o conselleiro “presentou tan só un parte meteorolóxico” coas previsións de pluviosidade, ademais de “intentar confundir ao rebautizar o Plan de Abastecemento de Galicia como Plan Auga. Explicou que o goberno galego cambiou o nome do plan elaborado en 2007 “a ver si cola” cando a realidade é que “non teñen redactado unha soa liña do Plan de Seca.

Criticou que a conclusión é que “a solución do Goberno de Galicia ao desabastecemento é esperar a que chova” e reclamou un Plan con sistemas alternativos e solucións para as zonas con falla de auga cumprindo a normativa comunitaria e estatal “e como lle levamos pedindo dende hai dous anos”.

A portavoz de Medio Ambiente evidenciou así que as únicas medidas que tomou o Goberno galego para evitar a situación de escaseza foi “facer un seguimento do nivel dos encoros e ver as previsións de pluviosidade”. “Para dicir isto –sentenciou- non fai falla que veña vostede nin fai falla Goberno” xa que “os datos meteorolóxicos serán os mesmos goberne vostede ou non”.

Chapuza

Gallego sinalou que o Goberno galego tivo “prevención, previsión e planificación cero para evitar o desabastecemento de auga, e cando tivo que actuar: chapuza”, como ao facer obras na presa da Baíña en febreiro, na época de chuvia, provocando que Baiona quedara sen auga no verán. Lembrou que “neste momento quen está abastecendo de auga a este Concello é o de Vigo e non a Xunta de Galicia”.

Dixo que, mentres, a Xunta recorta 145 millóns de euros nos investimentos produtivos destinados a mellorar a calidade e o abastecemento de auga co que, engadiu, “falan os feitos e teñen que calar as roldas de prensa do Goberno galego”.

Acusou á Xunta de provocar a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente a dar conta de “obviedades” para eludir comparecer a petición do Grupo Socialista para dar conta dos problemas reais do país, como que Galicia rexistre a maior caída do Índice de Produción Industrial do Estado ou que o aumento do desemprego en Galicia duplica ao que se produce no Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar