A Xunta incumpre a Lei que obriga a facer públicos os seus asesores

A Xunta incumpre a Lei que obriga a facer públicos os seus asesores

A Xunta incumpre a Lei que obriga a facer públicos os seus asesores

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, denunciou hoxe que a Xunta leva un ano incumprindo a Lei de Orzamentos de 2014, que incluía unha emenda socialista para facer públicos os asesores. O responsable socialista presentou as emendas ao articulado da Lei de Orzamentos, dirixidas a mellorar os servizos públicos, aumentar o control de diñeiro público e o incremento da transparencia e a loita contra a corrupción.

Os socialistas galegos presentarán de novo unha emenda para que a Xunta publique na súa web o persoal eventual por cada Consellería, incluíndo a súa “identificación, funcións e remuneración” para poñelo a disposición de toda a cidadanía “de forma directa”. González Santín explicou que esta proposta está destinada a incrementar a transparencia do goberno galego logo de que fora xa incluída e incumprida en 2014.

O Grupo Socialista incluíu unha serie de propostas para loitar contra a corrupción que inclúen habilitar a transferencia de 3 millóns adicionais ao Consello de Contas para mellorar a súa efectividade nesta tarefa. O responsable socialista explicou que esta iniciativa supón incrementar un 50 por cento o orzamento deste ente e responde á solicitude de máis medios feita no Parlamento polo seu presidente.

Ademais, reclamarán que tódolos altos cargos do goberno galego fagan pública a súa declaración de patrimonio no Diario Oficial de Galicia. Os socialistas reclaman que estes cargos que tamén sexan funcionarios deixen de percibir complementos persoais, que en realidade supoñen un “sobresoldo que non pode ser incluído”, e esixiu que deixen de percibir retribucións pola pertenza a consellos de administración en virtude do seu cargo.

González Santín presentou unha batería de emenda dirixidas a mellorar o control da xestión de diñeiro público, incluíndo a obriga de que a Xunta inspeccione sobre o terreo as obras subvencionadas, tamén cando inclúan fondos da UE. O obxectivo é verificar que a actuación se ten realizado e evitar o desvío de fondos públicos.

Ao tempo, reclamou que a Xunta facilite o acceso da cidadanía a subvencións públicas reducindo os trámites administrativos. Tamén reclama o traslado ao Parlamento do detalle de tódolos contratos concedidos polo goberno galego que superen os 3.000 euros de contía, incluíndo o obxecto, procedemento e importe da adxudicación, e o incremento do control de gastos en publicidade e propaganda, que serán fiscalizados pola Cámara.

Mellora dos servizos públicos

Os socialistas presentaron tamén unha serie de emendas dirixidas a mellorar os servizos públicos prestados pola Xunta, como a obriga de resolver as solicitudes de Renda de Integración Social si incumpre o prazo de dous meses, incluíndo os mesmos intereses de demora que o goberno aplica aos impagos.

Ademais, Santín reclamou que as partidas para bolsas de estudos sexan consideradas créditos ampliables, permitindo o seu aumento en función das necesidades educativas, e a eliminación da taxa de reposición de funcionarios. Os socialistas queren que fronte á taxa “innecesaria” do 50 por cento, obrigando a que por cada dúas xubilacións só se contrate a un novo funcionario, a Xunta debe aplicar “un mínimo dun cen por cen”.

Explicou que o goberno galego debe repoñer como mínimo os mesmos profesores, profesionais sanitarios, inspectores ou traballadores de loita contra incendios, logo de cinco anos nos que chegou a repoñer tan só o dez por cento das xubilacións, prexudicando notablemente a calidade dos servizos públicos de Galicia.

O responsable socialista denunciou de novo o uso irregular da Lei de Acompañamento aos Orzamentos da Xunta para incluír reformas lexislativas sen debate e sen incluír os informes obrigatorios. Así, advertiu que a Xunta incumpre a Lei ao crear por esta vía un novo imposto medioambiental para explotacións mineiras.

Mentres, “esquecen incluír a rebaixa do canon de Sogama” nun dez por cento, en contra do que comprometeu Feijóo e logo de que o ano pasado si que incluíran o seu incremento nun 34 por cento. Ademais, modifican a Lei do Suelo para obrigar aos concellos a presentar seis novos informes e modifican irregularmente a concesión da autovía da Costa da Morte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar