A Xunta incumpre a Lei de Transparencia

A Xunta incumpre a Lei de Transparencia

A Xunta incumpre a Lei de Transparencia

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe ao goberno galego de incumprir a Lei de Transparencia aprobada no Parlamento a comezos do ano pasado. O parlamentario socialista presentou unha pregunta na Comisión Institucional logo de evidenciar que a Xunta non publicou ningún informe sobre o cumprimento dos acordos parlamentarios.

Díaz Villoslada lembra que o goberno galego está a incumprir unha norma comprometida e impulsada polo propio Feijóo, xa que a día de hoxe aínda non fixeron públicos os informes do grao de cumprimento das iniciativas aprobadas polo Parlamento de Galicia cada ano, como esixe a dita Lei. O responsable socialista criticou que o goberno galego anunciou “sen pudor que non vai cumprir a lei con respecto aos acordos de 2016”.

O responsable socialista sinala que o Portal de transparencia do goberno galego inclúe os acordos aprobados polo Parlamento durante a IX Lexislatura, se ben “finalizada esta, e rematado o ano 2016 non figura ningún informe que recolla o grao de cumprimento destes acordos”.

Sinala que un dos aspectos que reforzan a calidade democrática é precisamente o nivel de información nas relacións do Executivo co poder Lexislativo, na liña que establece a Lei de Transparencia e Goberno aberto. Esta determina que a Xunta “elaborará e publicará no Portal de Transparencia e Goberno aberto un informe respecto do grao de cumprimento dos acordos aprobados polo Parlamento de Galicia nese ano”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar