A Xunta incumpre a Lei de Memoria Histórica en Galicia

A Xunta incumpre a Lei de Memoria Histórica en Galicia

A Xunta incumpre a Lei de Memoria Histórica en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o incumprimento da Lei de Memoria Histórica pola Xunta de Galicia. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei presentada polo PP na que foi incorporada unha emenda socialista para demandarlle á Alcaldía de Madrid o mantemento da rúa en memoria de Álvaro Cunqueiro.

Lamentou que o PP, que ten incumprido a Lei de Memoria Histórica en Galicia para amosarse agora especialmente escrupuloso diante do informe encargado á Comisión Histórica do Concello de Madrid cuestionando o mantemento dunha rúa en memoria do intelectual galego pola súa etapa falanxista. Lembra que o informe foi “arquivado” polo Concello, e que a alcaldesa non o ten refrendado.

Sinalou que a obra de Cunqueiro “non ten sido cuestionada nin ameazada por ninguén”, e sinalou que o goberno galego tense negado a cumprir coa súa obriga legal de “elaborar listas de vestixios e establecer lugares de memoria que deberan ser preservados”. Dúas obrigas, subliñou, “ben simbólicas, e nin iso se fixo”.

Emenda

A proposta do PP foi aprobada hoxe incluíndo a emenda socialista para trasladarlle á Alcaldía de Madrid a “demanda de mantemento da rúa en memoria de Álvaro Cunqueiro”, lembrando que se trata “dun dos máis notables e singulares autores da literatura galega do século XX” e que “non estivo implicado na rebelión militar de 1936, nin en feitos militares ou represivos”.

Os socialistas consideran que estes feitos fan a Cunqueiro “alleo á aplicación da normativa vixente en materia de símbolos ou conmemoracións” en virtude do artigo 15 da Lei 52/2007.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar