A Xunta incumpre a Dependencia ao cambiar servizos por diñeiro

A Xunta incumpre a Dependencia ao cambiar servizos por diñeiro

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de incumprir a Lei de Dependencia ao “cambiar servizos por recursos económicos”. Gallego presentou unha pregunta oral na Comisión de Política Social logo de coñecer a instrución do goberno galego de reducir a lista de espera co pago “enganoso” de libranzas de 60 euros para persoas cunha pensión de 600.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “romper coa tendencia da Dependencia” de mellorar os servizos e ampliar os beneficiarios ao xeneralizar o que é un modelo de transición, o do pago de libranzas por coidado de dependentes. Sinalou que “o seu cambio de criterio supón incumprir a Lei” da Dependencia.

Gallego evidenciou que a promesa de reducir as listas de espera en 2016 atendendo a 10.000 dependentes cando o orzamento apenas permite atender a 3.500 é “froito da imaxinación e o buenismo do novo conselleiro de Política Social”. Detrás deste compromiso, sinalou, agóchase a prestación de libranzas “de maneira masiva” co único obxectivo de reducir as listas de espera pero sen prestar unha atención acaída.

Puxo como exemplo o caso dunha persoa que verá cómo o goberno galego pagará a súa débeda de 3.400 euros pola espera de cinco anos en prazos anuais de 430 euros ata 2023. Gallego cualificou de “escándalo” que a Xunta pretenda aprazar ata 2023 o pago da súa débeda con persoas que teñen “80 anos ou mais”, e esixiu o seu compromiso de revisar estes prazos.

jacobo

Artigos relacionados

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Deixar a resposta

Pechar