A Xunta incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de Agader mentres reduce os seus fondos á metade

A Xunta incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de Agader mentres reduce os seus fondos á metade

A Xunta incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de Agader mentres reduce os seus fondos á metade

O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, que xa destapara fai agora oito meses o “caso AGADER”, preguntou hoxe na Comisión 7ª pola peculiar decisión desta axencia pública da Xunta onde o goberno galego ven de incrementar o persoal técnico nun 105%.

Para Lage Tuñas, ”Feijóo està criminalizando aos empregados públicos como se fosen os responsables da crise. Agader é un bo exemplo da doble moral do goberno galego xa que incrementaron o gasto en asistencias técnicas e duplicaron persoal técnico cando menos actividade ten a citada Axencia".

“O goberno galego acaba de duplicar o persoal técnico de AGADER, ao pasar dos actuais dezaoito (18) técnicos do Grupo I a incrementar esta cifra de persoal en trinta e sete (37) Técnicos, ocultando á opinión pública esta medida, ao mesmo tempo que presume de racionalizar a Administración” explica o deputado do PSdeG-PSOE.

O deputado socialista considera “urxente” que o conselleiro da Presidencia e Administración Pública “arroxe luz” sobre o “caso AGADER”. Lage Tuñas esixiu ao Secretario Xeral de Medio Rural e Montes que “explique como se pode incrementar en máis dun 100% o persoal da Axencia, xusto cando menos traballo vai ter e menos fondos vai administrar”.

A integración en AGADER, duplicando a plantilla de persoal técnico da Axencia prodúcese nun contexto económico de redución drástica dos fondos públicos que administra a Axencia de Desenvolvemento Rural, explicou José Manuel Lage, ao tempo que engade que “nos vindeiros anos AGADER vai administrar moitos menos fondos europeos e vai precisar menos persoal técnico, a súa carga de traballo xa se está vendo reducida neste momento.”

Dificilmente se pode explicar que se incremente nun 105% a plantilla de persoal técnica de AGADER cando non se precisa persoal nesta axencia”, dixo. Lage Tuñas reprochou ao responsable da consellería que actuaran “de tapadillo”, tal e como denunciaron os traballadores, que non foron consultados desta operación ata o mesmo día que saíu no DOG.

Persoal sen funcións asignadas e novas sedes para acollelo

Lage Tuñas denuncia “a dobre moral do Partido Popular” que “predican austeridade e non paran de facer propaganda, mentres pola porta de atrás integran a persoal sen asignarlle tarefa nin funcións nunha Axencia como Agader dedicada a xestionar os fondos europeos”.

“O acordo do Consello da Xunta supón duplicar a plantilla de técnicos de Agader, propoñendo a creación de novas categorías profesionais, con distintas retribucións, sen definir as tarefas e funcións específicas que xustifiquen a súa creación” criticou o portavoz da área de Institucional do Grupo Socialista.

Lage Tuñas insistiu en que esta duplicidade de persoal en AGADER é “unha modificación de gran envergadura que supón unha modificación substancial da configuración actual da Axencia, con evidentes implicacións a nivel organizativo, funcional e orzamentario, que afectará á planificación dos recursos humanos e ás condicións de traballo do persoal que presta agora mesmo servizos en Agader”.

Recriminou ao Secretario Xeral da consellería de Medio Rural e Mar a falta de precisión na súa resposta e acusouno de non aclarar cales son os criterios seguidos polo goberno galego para incrementar nun 100% o persoal técnico de AGADER, xusto cando minguan os fondos que a citada axencia ten que administrar”. O deputado socialista preguntou polos motivos para que, na presente conxuntura, AGADER abra novas sedes onde non as tiña, para crear prazas que, como denuciaron eles mesmos, os traballadores da axencia non podían concorrer para cobrir.

José Manuel Lage tamén lle afeou ao goberno galego, que “mentres, criminalizan ao funcionariado e converten aos empregados públicos no pin, pan pun da reforma laboral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar