A Xunta incrementa deliberadamente os copagos na Dependencia para forzar o abandono

A Xunta incrementa deliberadamente os copagos na Dependencia para forzar o abandono

A Xunta incrementa deliberadamente os copagos na Dependencia para forzar o abandono

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao presidente da Xunta de terlle asestado o “golpe de graza” ao servizo de atención á Dependencia en Galicia. Gallego presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para recuperar un servizo que é vital para a cidadanía que mais axuda necesita.

Gallego criticou que o goberno galego, en lugar de paliar o recorte “brutal” de 84,4 millóns de euros aplicado por Rajoy, iniciou unha “reavaliación” das persoas con prestación para encarecer o servizo e obrigalos a abandonar as residencias e Centros de Día. Ao incluír o patrimonio nas cualificacións, puxo como exemplo que unha persoa con 700 euros e dúas leiras “pasa de pagar 300 a 500 euros pola atención á dependencia”.

Cualificou neste sentido de “absoluta barbaridade” que un Centro de Día no que un veciño pode pasar o 20 por cento do seu tempo supón o 80 por cento da súa prestación por un incremento “inhumano” nos copagos dun 40 por cento. Acusou ao goberno galego de “encarecer, entorpecer e dificultar a prestacións de servizos” obrigando a renunciar e contratar un servizo privado.

Esixiulle ao goberno galego que “non fagan pagar a crise a quen mais o necesita” e lembrou que con cada dereito que Feijóo lle escamotea ao Estado do Benestar, “aumenta o risco de exclusión, pobreza e desigualdade”. presentou unha serie de iniciativas para que a Xunta restaure os recursos que lle dedica á Dependencia, que lle reclame ao Estado os 84,4 millóns de euros que recurtou e que revise o proceso de reavaliacións.

Desmantelamento

Como proba do desmantelamento do servizo, Carmen Gallego sinalou que entre xaneiro e agosto deste ano tan só houbo 431 novas incorporacións á prestación da Dependencia, por debaixo do número de baixas. Advertiu que Galicia continúa sendo a terceira Comunidade Autónoma do Estado con mais lista de espera, con 27.000 persoas agardando, das que en tan só 8 meses morreron 1.000 sen recibir axuda.

En contra dos anuncios de Feijóo e da propaganda institucional, dixo Gallego, en Galicia hai hoxe menos persoas atendidas, e mesmo o 41 por cento dos galegos e galegas que teñen solicitada e concedida a atención á Dependencia continúan sen recibir as prestacións que lles corresponden.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar