A Xunta impulsa á iniciativa mercantil na política social

A Xunta impulsa á iniciativa mercantil na política social

A Xunta impulsa á iniciativa mercantil na política social

A viceportavoz do Grupo Socialista e responsable de Política Social, Carmen Gallego, criticou hoxe ao goberno de Feijóo por “impulsar a iniciativa mercantil na política social. Gallego mantivo un encontro coa delegación galega do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade –Cermi- para avaliar a negativa do PP á proposta socialista para introducir o Concerto social na Lei de Servizos Sociais de Galicia.

A responsable socialista lembrou o veto do PP á toma en consideración da proposición de Lei para reformar a Lei de Servizos Sociais no Pleno do Parlamento do pasado 15 de setembro, que provocou “un profundo desconcerto nas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que traballan no terceiro sector”. Esta situación levou a Gallego a convocar esta xuntanza, na que analizaron as consecuencias desta decisión.

A portavoz de Política Social sinala que “o PP non quixo tomar en consideración este texto porque entenderon que o PSdeG podía obter rendibilidade política, sinxelamente porque era quen o presentaba”.

Ademais, engadiu que “na decisión do goberno de Feijóo pesou o seu interese por introducir a entidades privadas de carácter mercantil na xestión dos servizos sociais”, unha “aposta clara por 3 ou 4 empresas que recorrentemente aparecen nos concursos para a xestión de centros de día ou residencias en detrimento das entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro”.

Sinalou o caso de Doral Residencial, que foi escollida pola conselleira de Benestar en detrimento de San Francisco, en Vigo, unha entidade con mais de 30 anos acollendo nas súas instalacións a persoas con discapacidades psíquicas.

A iniciativa socialista, lembrou Gallego, pretendía consolidar o concerto social na lexislación autonómica, seguindo o exemplo do País Vasco, Asturias, Baleares ou Murcia, para “priorizar ás entidades sen ánimo de lucro fronte ás empresas privadas” na xestión dos centros públicos.

Consideoru “absurda” a “desculpa” esgrimida polo PP no debate, alegando que on se axustaba a dereito, por canto “é unha copia literal do xa aprobado noutros parlamentos autonómicos co voto favorable do PP, quen en Murcia mesmo foi o impulsor da norma”.

Segunda oportunidade

O Grupo Socialista comprometeuse a presentar de novo unha proposición de Lei que recolla o Concerto Social e outras eivas que foi introducindo o goberno de Feijóo na Lei de Servizos Sociais de Galicia “para evitar que esta situación persista no tempo e que as entidades de carácter mercantil continúen a gañar os concursos”.

Sinalou que “vamos a darlle unha segunda oportunidade ao goberno de Feijóo para que demostre o seu compromiso co terceiro sector, presentaremos unha proposta consensuada co Cermi e veremos cal é a actitude do goberno galego, si antepón a súa ideoloxía á garantía dos dereitos das persoas e ás peticións das entidades de iniciativa social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar