A Xunta impedirá o cambio de produción nas bateas de ostra

A Xunta impedirá o cambio de produción nas bateas de ostra

A Xunta impedirá o cambio de produción nas bateas de ostra

A Consellería de Pesca confirmoulle hoxe ao Grupo Socialista que impedirá o cambio de produción nas bateas da ostra. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento para que a Xunta explique si abrirá a posibilidade de cando menos compaxinar as producións destas bateas, tal e como están a pedir os seus donos.

Val Alonso lembrou que os ostreiros están a pedir que a Xunta permita a produción de mexillón nas súas bateas diante da baixa produtividade da ostra, que rexistra mortandades por enriba do 30 por cento. Esta situación está a provocar que os produtores teñan que importar ostra foránea para cultivala nas rías galegas e poder manter a súa actividade.

O goberno galego confirmoulle ao Grupo Socialista que romperá co acordo acadado con estes produtores, aos que lles prometera cando menos compaxinar a produción de mexillón e de ostra na mesma batea a través dunha futura Lei de Acuicultura.

O responsable socialista salientou a situación destas bateas, que pasaron de 300 a finais dos anos 70 a apenas 100 na actualidade e 50 delas xa solicitaron o cambio de actividade. O motivo é unha produción moi escasa derivada da alta mortandade dos bivalvos, que supera o 80 por cento cando acadan os 5 centímetros, “polo que resulta practicamente imposible facer rendible ningunha empresa ostreira”.

A caída da produción é evidente, xa que de acordo cos datos da propia Consellería en tan só un ano pasaron de vender 104.817 quilogramos e unha facturación de 316.838 euros en 2012 aos 40.282 quilogramos e 141.014 en 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar