A Xunta gardou "no caixón" 21 millóns de euros da UE para centros de saúde

A Xunta gardou "no caixón" 21 millóns de euros da UE para centros de saúde

A Xunta gardou "no caixón" 21 millóns de euros da UE para centros de saúde

DependenciaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter “gardados nun caixón agardando ata o ano electoral” 21 millóns de euros procedentes da UE para a construción de 15 centros de saúde. Acuña presentou unha moción para que o goberno dea datas sobre a súa construción e planifique a construción dos 63 comprometidos por Feijóo para o período 2011-14, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de manter paralizado este investimento que podería dinamizar a economía de a lo menos 15 concellos galegos, mellorando a atención sanitaria da súa poboación, poñendo en risco uns fondos procedentes da UE que deberán ser devoltos no caso de non realizar as obras comprometidas.

Denunciou que leven seis anos demostrando que prefiren privatizar os centros antes que construílos, e concederlle un contrato de 8 millóns para mantemento e subministro enerxético á empresa Cofely, implicada na Operación Púnica.

Incomprensible rexeitamento

Acuña considerou “incomprensible” que o PP rexeite unha moción que reclamaba ao goberno galego cumprir co Pacto Local e asumir o mantemento de todos os centros de saúde e os PAC galegos. Tamén instaba a habilitar unha partida orzamentaria extraordinaria para eliminar as barreiras arquitectónicas en todos os centros sanitarios galegos e recuperar o Plan de Mellora da Atención Primaria.

A deputada socialista criticou o incumprimento do compromiso de Feijóo sobre os novos centros de saúde, xa que “primeiro foron 63, despois 51, no 2010 falaron de 21 aproveitando o obtido co copago dos medicamentos, pero a realidade é outra e moitos dos municipios que contaban cun novo centro de saúde quedarán sen el, unha mentira máis”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar