A Xunta fúrtalle o futuro ao comercio galego

A Xunta fúrtalle o futuro ao comercio galego

A Xunta fúrtalle o futuro ao comercio galego

comercio localO portavoz de Comercio e Consumo do Grupo Socialista, Manel Gallego, dixo hoxe que o comercio galego “non ten futuro” co Plan de Impulso presentado hoxe pola Xunta en Comisión parlamentaria. O responsable socialista criticou o documento que limita a “fume” e “chuvia fina de axudas” en lugar de “potenciar polo comercio en serio”.

Gallego dixo que a un ano vista das eleccións, o goberno galego quere “facer propaganda e disfrazar” a situación dun sector que supón o 11,4 por cento do PIB galego e que leva sete anos perdendo comercios e postos de traballo, con vilas e cidades que chegaron a perder o 20 por cento do seu tecido comercial.

Dixo que a realidade é que “con Feijóo temos moitos menos comercios, moitísimos menos traballadores e cada ano menos orzamento destinado ao sector, e así é imposible encetar unha política de apoio seria”.

Advertiu que o comercio galego “non se vai recuperar con este plan”, logo dunha crise da que o comercio galego rematou crecendo un 1,3 por cento no pasado mes de xullo, o peor dato do Estado de acordo coas cifras do INE. Lamentou que o goberno galego “queira solucionalo da noite para a mañá” fronte ao pesimismo xeneralizado entre as asociacións de comerciantes.

Chuvia fina

Sinalou que o obxectivo do goberno galego de inxectar 70 millóns de euros ata 2020 augura unha “chuvia fina de subvencións” dirixidas a asociacións concretas que en ningún caso conseguirá dinamizar o comercio galego. Sinalou que “un Plan faise con orzamentos, non con Padrenuestros”, e preguntou “por qué só comprometen 70 millóns e non 140 ou 200”.

Criticou a falla dun apoio “serio” incluíndo axudas para financiamento que permitan funcionar a un sector fundamental para a economía galega que veu cómo a metade das 30.000 entidades fundadas no pasado ano 2014 foron constituídas “sen asalariados” e polo tanto sen impacto positivo sobre a creación de emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar