A Xunta fixo "desaparecer" 1.287 investigadores galegos e 150 millóns de investimento para I+D en catro anos

A Xunta fixo "desaparecer" 1.287 investigadores galegos e 150 millóns de investimento para I+D en catro anos

A Xunta fixo "desaparecer" 1.287 investigadores galegos e 150 millóns de investimento para I+D en catro anos

Abel LosadaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe da perda de 1.287 investigadores galegos, o 20 por cento do total, nos últimos catro anos. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento, o responsable socialista lamentou que a Xunta prefira “competir baixando os salarios dos galegos e das galegas antes de impulsar o I+D”.

Losada criticou que en contra da versión “oficial” do goberno galego sobre un suposto incremento do investimento en investigación, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma que mais investigadores perde de todo o Estado. Lamentou que en lugar de mellorar a investigación para mellorar o valor da produción galega, a Xunta prefira reducir drasticamente o investimento dende o 1,2 por cento do PIB de 2009 ao 0,86 de 2014.

O responsable socialista advertiu que a perda de investimento en I+D por parte do goberno galego supuxo un montante acumulado de 150 millóns de euros entre 2009 e 2015. Ademais, neste mesmo período o goberno galego deixou cada ano sen gastar un total de 33,7 millóns de euros “sen que a Xunta teña emitido a mais mínima autocrítica do que constitúe un absoluto fracaso” na súa política económica.

Cambio de modelo

Abel Losada criticou que a propia ex conselleira de Facenda da Xunta, Marta Fernández Currás, viñera esta mesma semana a Galicia a “presumir” dun cambio de modelo económico. Losada advertiu que ese suposto cambio de modelo económico supuxo a precarización do emprego galego e que, mentres o PIB do conxunto do Estado medraba un 1,4 por cento, en Galicia só medraba o 0,4 por cento.

Tódolos datos, tanto de PIB, como de emprego ou de investimento en innovación, constatan a “veracidade das palabras de Currás cando falou de épica”, ironizou Losada, lembrando que o significado de épica é precisamente que se refire a “feitos lendarios, elementos imaxinarios que se quere facer pasar por verdade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar