A Xunta fai "todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego"

A Xunta fai "todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego"

A Xunta fai "todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego"

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de “facer todo o posible para terminar co Centro Dramático Galego”. Burgo presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe á Xunta que dea conta no Parlamento das accións previstas para potenciar o ente logo de despedir á súa directora nun “acto de censura” por parte do conselleiro de Cultura.

Burgo sinalou que este despedimento, unido aos drásticos recortes sufridos durante os últimos anos, poñen en perigo todo o traballo do CDG para este ano, o que segundo tódolos indicios suporía suprimir a produción propia, o que suporía acabar coa labor principal do CDG.

Critica as decisións do goberno galego “moi pernicioso para a cultura do noso país” ao “empecinarse en restarlle posibilidades ao desenvolvemento das artes escénicas galegas”. A responsable socialista criticou a negativa da consellería a ceder o Salón Teatro ás asociacións do sector para celebrar o Día do Teatro, e amosou a súa oposición frontal a un “recorte intolerable á liberdade de expresión”.

Engadiu que esta situación responde a unha “deriva totalitaria” por parte do PP con respecto á cultura, como demostrou recentemente o alcalde da capital de Galicia ao censurar expresamente a intervención do cómico Leo Bassi, co que demostran unha “actitude intolerante” ao admitir tan só as manifestacións culturais acordes coa súa ideoloxía.

Diminuído

Sinala que o CDG ten xa unha historia de mais de 25 anos, cando foi creado como resposta ás demandas do sector escénico, nos que constituíuse no “centro de produción cultural mais importante de Galicia”. Isto non impide que estea sendo “diminuído de forma continua polo Goberno da actual Xunta de Galicia, ata o extremo de que os propios profesionais do teatro dubidan das súas posibilidades de continuidade”.

Engadiu que a actuación da Consellería de Cultura “restrinxiu dende o comezo as posibilidades do Centro Dramático”, manténdoo un ano sen dirección e polas fortes restricións orzamentarias. Lembrou que este descendeu en máis dun 60 por cento dende 2009, ata que neste 2012 dispón dun “orzamento exiguo que fai moi difícil a produción propia, auténtica razón de ser do centro”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar