A Xunta expulsa de Galicia a 40 mozos e mozas cada día

A Xunta expulsa de Galicia a 40 mozos e mozas cada día

A Xunta expulsa de Galicia a 40 mozos e mozas cada día

EmigraciónA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe que o “fracaso da política de xuventude” da conselleira de Traballo e Benestar está a provocar a expulsión de 40 mozos e mozas de Galicia cada día, da orde de 13.000 ao ano. Gallego presentou unha Interpelación no Pleno do Parlamento sobre a ausencia dunha política de xuventude real do goberno galego.

A deputada socialista dixo que o empeoramento da situación dos mozos e mozas, abandonados polo goberno galego, está a provocar un éxodo masivo de rapaces que se enfrontan ao paro sen prestacións ou a postos de traballo en precario. “Grazas á reforma laboral do PP –explicou- hai aprendices de 33 anos cobrando un salario indecente de menos de 500 euros”.

Os datos revelan que a situación en Galicia é “moito peor” que no conxunto do Estado, co que se ten disparado a taxa de paro entre 16 e 29 anos nun 60 por cento dende 2009, e a taxa de emprego diminuíu un 30 por cento. “Destrúese emprego, hai menos poboación ocupada e o pouco que medra faino menos que no conxunto do Estado”, concluíu.

O goberno galego ofrece medidas “espalladas e inconexas, carentes dunha política de xuventude transversal”, mentres reduce as bolsas de estudos nun 60 por cento e incrementan as taxas universitarias, e eliminan as axudas á contratación. Hoxe hai en Galicia mais mozos en paro que traballando, cando en 2009 a ocupación duplicaba ao desemprego xuvenil.

Dende a chegada de Feijóo, sinalou, eliminaron as axudas para a emancipación e á vivenda ao tempo que a pobreza aumentou nun 20 por cento. Carmen Gallego acusou á Xunta de “utilizar aos mozos e mozas para as campañas electorais e venderlles cousas que nunca cumpren, e incluso se atreveron a boicotear o voto por correo para mozos e mozas na emigración”.

Axudas clientelares

A deputada socialista acusou ao goberno galego de utilizar os escasos recursos que pon a disposición dos mozos e mozas para “financiar entidades xuvenís vencelladas ao PP”, ou adxudicar os campamentos de verán sempre ás mesmas empresas. Acusouna de amparar a contratación “a dedo” do número 2 deste partido polo concello de Teo para o programa Parlamento Xove, con contratos menores para sortear a súa saída a concurso público”.

Apuntou ao ex secretario xeral de Xuventude e actual cabeza de lista do PP en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que creou a Fundación Fesan para conseguir fondos de formación e de constituír unha trama de asociacións de técnicos de xuventude en concellos “amigos” para tramitar viaxes gratis financiados pola UE a “amigos e xente afín” aos que cobran 150 euros en negro por cabeza, para completar ducias de viaxes anuais integradas cada unha delas por 12 persoas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar