A Xunta executa menos do dez por cento dos investimentos no primeiro cuatrimestre

A Xunta executa menos do dez por cento dos investimentos no primeiro cuatrimestre

A Xunta executa menos do dez por cento dos investimentos no primeiro cuatrimestre

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou hoxe que a Xunta ten executado no primeiro cuadrimestre menos do dez por cento dos investimentos previstos para todo o ano. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta entregue ao Parlamento información sobre a execución orzamentaria dos organismos autónomos, que foi aprobada cunha emenda do PP.

O responsable socialista sinalou que do total de 1.650 millóns de euros de investimentos previstos para todo o ano, a Xunta tan só executou 163 ata o mes de abril. Esta situación ofrece un panorama preocupante sobre a actividade dun goberno que cada ano está pechando o exercicio contable un pouco antes para cadrar as contas do déficit, deixando de admitir novas facturas meses antes do peche do exercicio en decembro.

Méndez Romeu criticou ademais a “falla de motivación do Executivo galego para informar á Cámara” sobre o nivel de execución orzamentaria, obrigando aos parlamentarios a acudir á información ofrecida polo Ministerio de Facenda, “bastante anterior” á que entrega o goberno galego.

Os socialistas galegos reclamaron hoxe ademais que a Xunta entregue ademais información sobre os organismos autónomos, axencias e entidades, que mobilizan 4.154 millóns de euros. Actualmente tan só faise pública a información relativa ao Sergas, que supón 3.326 millóns de euros, deixando fora outros 828 millóns, así como o conxunto de fundacións, consorcios, entidades e sociedades que mobilizan un orzamento de 880 millóns.

Méndez Romeu presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno información da execución orzamentaria incluíndo a de tódalas entidades que conforman o orzamento de Galicia. A proposta foi aprobada cunha emenda presentada polo PP que limitou a información ás entidades que conforman o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma.

O responsable socialista explicou que esta modificación supón en realidade incorporar a 24 entidades do sector público, “deixando fora outras 45 porque segundo asegura o PP non utilizan o mesmo sistema de contabilidade pública que soporta a tecnoloxía da Xunta”.

Méndez Romeu aceptou a proposta como un primeiro paso para “conseguir no futuro unha información mais ampla” e recomendoulle ao goberno galego que “estenda o sistema de contabilidade” para permitir un seguimento acaído da contabilidade da totalidade do sector público autonómico.

Iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar as actuacións necesarias co obxecto de ofrecer e remitir á Cámara galega unha mais completa información da execución orzamentaria, que inclúa, ademais dos datos actuais relativos ás diversas seccións da Administración xeral, tamén os correspondentes a cada unha das entidades que conforman o orzamento consolidado da Comunidade Autónoma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar