A Xunta exclúe ás familias que mais necesitan as axudas para caldeiras térmicas de biomasa

A Xunta exclúe ás familias que mais necesitan as axudas para caldeiras térmicas de biomasa

A Xunta exclúe ás familias que mais necesitan as axudas para caldeiras térmicas de biomasa

A secretaria de Agricultura do PSdeG-PSOE, Fe Álvarez, acusou hoxe á Xunta de excluír deliberadamente ás familias das axudas para instalar caldeiras térmicas de biomasa. As pírricas axudas dispostas polo goberno, que priorizan ás solicitudes procedentes da administración, fan que a instalación sexa inasumible para moitas familias.

Álvarez apunta que, de acordo coa resolución do 26 de decembro, a administración autonómica, cun orzamento inicial de 466.667 euros, ten dispoñibles a día de hoxe 128.251 euros e ningunha solicitude en espera. A administración local, cun crédito inicial de 933.333 euros, ten dispoñibles 16.889 euros e 41 solicitudes en espera, e a as pequenas empresas, que contaban cun crédito inicial de 2,8 millóns, ten dispoñibles 6.450 euros e 67 solicitudes en espera.

Sen embargo, as familias e persoas físicas, cun crédito inicial de 5,1 millóns de euros, ten tan só dispoñibles 2.144 euros e 528 solicitudes en espera, o que “demostra o gran interese das familias e as pequenas empresas nesta liña de axudas”.

A rendibilidade do sistema depende dunha instalación eficiente que precisa dun desembolso inicial medio de 10.000 euros, “inasumible para moitas familias”. Álvarez critica a “absoluta falla de loita contra a pobreza enerxética”, que suporía “axudas para instalar caldeiras de biomasa no rural comezando polas familias que mais o necesitan”.

Orde de presentación

A responsable socialista censura que as axudas se resolvan “conforme á orde de presentación, en tanto se dispoña de crédito suficiente”, renunciando a incluír a renda e polo tanto a necesidade como criterio. Ademais, co reparto da previsión de fondos –cofinanciados a través do Feader- prepara o terreo para a denegación de axudas a particulares e pemes -6.450 euros a repartir entre 67 solicitudes-.

Estas axudas, ben distribuídas, poderían contribuír a aliviar a pobreza enerxética de moitas familias, pero actualmente repártense en función da orde de chegada, co que “o factor clave é estar ben informado, a necesidade das familias non conta para nada”. Pregúntase “cómo é posible que ao día seguinte de sacar as axudas xa houbera mais solicitudes que fondos, cando precisan dunha tramitación complexa”.

Sinala que a biomasa “é un recurso barato para moitas familias rurais que dispoñen dela como subproduto da explotación, que mesmo serve pra valorizar terra abandonadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar