A Xunta exclúe aos estudantes do programa Iacobus de intercambio co Norte de Portugal

A Xunta exclúe aos estudantes do programa Iacobus de intercambio co Norte de Portugal

A Xunta exclúe aos estudantes do programa Iacobus de intercambio co Norte de Portugal

laboratorio USCO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe que a Xunta está a “excluír” aos estudantes do programa Iacobus de bolsas de intercambio entre centros académicos de Galicia e o Norte de Portugal. No debate dunha pregunta oral na comisión de Asuntos Europeos, sinalou que o que foi anunciado por Feijóo como un novo Erasmus limítase a un intercambio de persoal administrativo e docente.

Deste xeito, denunciou o “trato ben discriminatorio” aos estudantes por canto os docentes e o persoal de administración repártense dous terzos das prazas dispoñibles, con axudas de 800 euros para unha estadía dunha semana, mentres os investigadores acceden ao terzo restante con axudas de 600 euros para un mes e os estudantes quedan excluídos.

O responsable socialista criticou que o que se presentou polo presidente da Xunta de xeito grandioso quedou nun programa “baleiro de contido real e absolutamente retórico”, sen mecanismos de avaliación, control de calidade nin resultados. Advertiu que o único requisito para acceder ás axudas é “redactar unha memoria”, marxinando o interese, relevancia do programa ou o cumprimento dos obxectivos.

Méndez Romeu sinalou que o goberno galego ten acadado con este programa “un grao de irresponsabilidade inédito”, ofrecendo un novo catálogo de mecanismos para “despilfarrar axudas europeas”. Advertiu que o goberno galego preferiu limitar o programa a menos de 200 prazas antes de afrontar un verdadeiro programa de intercambio que podería beneficiar a milleiros de estudantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar