A Xunta evita responder das deficiencias do Álvaro Cunqueiro

A Xunta evita responder das deficiencias do Álvaro Cunqueiro

Manifestación Hospital VigoO deputado socialista Abel Losada criticou hoxe que a Xunta evite dar a cara diante das deficiencias do Hospital privado de Vigo “Álvaro Cunqueiro”. Losada presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a carta enviada por 290 facultativos do centro reclamando a dimisión do xerente, o rescate da concesión, a recuperación do proxecto inicial, a reversión das deficiencias e a súa participación no proceso de adaptación.

Losada amosou a súa sorpresa por que o conselleiro de Sanidade eludira dar resposta ás reclamacións de boa parte da plantilla do centro para ofrecer unha resposta “delirante” lembrando que o hospital Xeral era “un edificio en altura”. Losada presentou as informacións publicadas durante o último mes aludindo aos colapsos dos servizos do Hospital, os retrasos nas intervencións e unha espera real que duplica á cifra oficial.

O deputado socialista amosou a súa sorpresa diante da resposta do conselleiro, que eludiu dar conta das deficiencias do centro hospitalario para discutir o seu carácter privado e reclamar respecto aos profesionais. Losada lembrou que “foi a súa predecesora quen acusou aos médicos de protestar por querer despachos novos nunha verdadeira mostra de falta de respecto”.

Ademais, subliñou o carácter privado dunhas instalacións que, dixo, “non están no rexistro de propiedades do Sergas, senón no balance contable da UTE de Acciona”. Sinalou que “o sistema de financiamento público – privado aplicado ás estruturas hospitalarias é claramente un negocio para as construtoras, que buscan os seus beneficios porque non son Médicos Sen Fronteiras”.

Os beneficios empresariais, engadiu, “irán destinados para Acciona e tanxencialmente para Povisa”, para lembrar aos 200.000 vigueses e viguesas que protestaron nas rúas polo novo hospital e que “arrasaron ao PP nas municipais e o arrasarán nas autonómicas” en protesta pola súa xestión.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar