A Xunta "estafa á Seguridade Social" con contratos fraudulentos na sanidade pública

A Xunta "estafa á Seguridade Social" con contratos fraudulentos na sanidade pública

A Xunta “estafa á Seguridade Social” con contratos fraudulentos na sanidade pública

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de levar sete anos “estafando á caixa común da Seguridade Social” ao tempo que deteriora a calidade da atención sanitaria. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade para repoñer as prazas destruídas co “ERE encuberto” na sanidade pública imposto por Feijóo.

Acuña criticou que a Xunta anuncie unha reposición do cen por cen “pero só aplicable ás prazas suprimidas no último ano”, e preguntou “qué fan coas prazas amortizadas entre os anos 2009 e 2014”. Acusounos de “conseguir un novo deterioro na atención pública e a mellora da sanidade privada”, nutrida da “elite da sanidade”, que foi expulsada do sistema público.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de utilizar a taxa de reposición do dez por cento para reducir drasticamente as prazas de profesionais sanitarios forzando as xubilacións “masivas e forzosas” aos “65 anos e un segundo” e cubrindo as vacantes con contratos laborais “fraudulentos e ilegais”.

Os novos profesionais da sanidade, dixo, ven cómo os seus contratos son acredores dun amplo abano de fórmulas para reducir o tempo de contratación e as aportacións á Seguridade Social, como é asinalos de luns a xoves, apenas cunha duración de seis meses ou por quendas de 8 horas “para cubrir 3 ou 4 postos de traballo diferentes mesmo en centros de saúde distintos.

Proposta

A deputada socialista levou á Cámara as demandas dos representantes dos traballadores que se concentraron na 1ª Marcha de Eventuais do Sergas, que pasan por reclamar unha Oferta Pública de Emprego incluíndo as prazas e as categorías que “desapareceron” dende 2009, negociar un pacto de contratación e recuperar as categorías para o emprego público feitas desaparecer “en aras da privatización”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar