A Xunta está a provocar un caos no solo industrial "como o dos aeroportos"

A Xunta está a provocar un caos no solo industrial "como o dos aeroportos"

A Xunta está a provocar un caos no solo industrial "como o dos aeroportos"

BugalloO portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou hoxe á Xunta de aplicar criterios inmobiliarios no novo Plan de vendas de solo industrial. De acordo cos datos do IGVS, tan só foi vendido o 4 por cento das parcelas e do chan industrial, mentres a Xunta prioriza a recuperación de investimento antes que a implantación de empresas.

O responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria logo de coñecer a aplicación de descontos sen criterio coñecido nos parques empresariais, con diferenzas de ata o tripla ou o cuádruplo entre concellos veciños. Preguntou cómo pode custar un metro cadrado de solo industrial o tripla en Santiago que en Lugo, ou o cuádruplo na Coruña que nun concello situado a 50 quilómetros.

O deputado socialista acusou ao goberno galego de priorizar a recuperación do investimento para tapar a débeda das xestures antes de buscar a implantación de empresas. Por iso a falla de criterio e as diferenzas de prezo, que oscilan entre os 47 euros por metro cadrado de As Gándaras –Lugo- e os 130-140 de A Sionlla –Santiago-.

Sánchez Bugallo advertiu que o goberno galego está a provocar un “caos comparable ao dos aeroportos pero multiplicado por 15 ou por 20, con ducias de parques empresariais e concellos afectados”. A realidade é que os empresarios están a trasladarse a Portugal, onde teñen solo industrial a prezo asequible, mentres os parques industriais que quedan en Galicia “compiten para repartir a miseria”.

Efecto perverso

En definitiva, o goberno está a promover de forma artificial, como “efecto perverso”, a deslocalización empresarial entre os concellos galegos, ademais de encetar unha estratexia “absoluta, total e completamente inútil para competir co norte de Portugal. Explicou que as empresas deciden mudarse ao outro lado da fronteira ao ver que alá obteñen solo á venda por un euro o metro cadrado ou en aluguer por seis céntimos o metro cadrado.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “abandone a opacidade” e ofreza “explicacións claras” sobre os prezos, os criterios e os obxectivos deste plan de vendas de solo industrial. Reclámalle ao goberno galego que faga público o número de parcelas de solo empresarial vendidas polo IGVS e Xestur entre xullo de 2014 e marzo de 2015, así como o detalle de vendas por cada polígono.

Lembrou que no seu día o Grupo socialista propuxo que a xestión do solo industrial urbanizado pasara a depender da Consellería de Industria, diante da “total incapacidade e falla de criterio demostrada reiteradamente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas”. Esta, dixo, está “preocupada exclusivamente de materializar a venda das parcelas aos mellores prezos posibles e actuando como unha empresa inmobiliaria”.

O deputado socialista explicou que a Xunta “non entende que o obxectivo principal do solo industrial ten que ser conseguir a implantación de industrias e a creación de postos de traballo”. Sucede ao revés no norte de Portugal, sinalou, “onde entende e actúan consecuentemente poñendo o solo empresarial ao servizo da creación de empresas e de emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar