A Xunta está a obstruír deliberadamente tratamentos caros a pacientes graves

A Xunta está a obstruír deliberadamente tratamentos caros a pacientes graves

A Xunta está a obstruír deliberadamente tratamentos caros a pacientes graves

VacinaCarmen Acuña advirte que o goberno galego incorre na denegación de auxilio ao retrasar os tratamentos a sabendas.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou unha estratexia de obstrución deliberada nas prestacións sanitarias a doentes graves por parte do goberno galego. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, a responsable socialista acusou ao goberno galego de aforrar na prestación de tratamientos caros a costa da saúde dos doentes.

Acuña presentou os casos dun enfermo de oncoloxía neo próstata con metástase que non consegue que a administración lle provea do tratamento recomendado, así como o rapaz ourensán que necesita dunha hormona de crecemento que lle nega o goberno, pola que mesmo chegou a enviarlle unha carta aos reis de España.

A responsable socialista advertiu que o goberno galego está a buscar “uns números moi bonitos para que che dean premios á mellor xestión” a costa de “denegarlle ou a lo menos retrasando temerariamente a atención sanitaria das persoas”. Criticou que “por moito que metan estas demandas nos caixóns, iso non remata co problema, non acaba coa desesperación nin coa dor desa xente”.

Denegación de auxilio

Puntualiza que esta actuación incorre no delito de “denegación de auxilio” e, como tal, “é punible”. Polo tanto, engadiu, “recomendamos que acudan á fiscalía aquelas persoas que teñan pautado un tratamento polos especialistas do Sistema Público de Saúde e que un trámite administrativo prolongado lle estea impedindo o acceso” á atención que precisan.

Denunciou que o goberno galego priorice os criterios economicistas fronte aos clínicos para seguir unha “estratexia de dificultar o acceso, para dilatar todo o posible a dispensación deses fármacos que teñen un elevado custe”. Lamenta que a Xunta “non repare que na maioría dos casos son enfermos graves que non dispoñen de tempo para perdelo en trámites administrativos sen fin”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar