A Xunta esta a facer desaparecer a Unidade de Policía Adscrita

A Xunta esta a facer desaparecer a Unidade de Policía Adscrita

A Xunta esta a facer desaparecer a Unidade de Policía Adscrita

O portavoz de Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, advertiu que a Xunta está a facer “desaparecer” a Unidade de Policía Adscrita. No debate dunha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento, dixo que actualmente temos o número mais baixo de axentes dende 1994 pola súa negativa a cofinanciar o persoal co Ministerio de Interior.

O parlamentario socialista sinalou que a Xunta está a levar o desmantelamento da unidade coa diminución constante de axentes. Este desmantelamento, dixo, “tradúcese en ineficacia na prestación das funcións pola escaseza de efectivos”, provocando o desmantelamento de mais de 75 patrullas de investigación e control de incendios.

Reclamou á Xunta que “deixe de confrontar co goberno do Estado e financie o 50 por cento dos custes de persoal” cumprindo co convenio asinado co Ministerio de Interior no ano 1991” xa que de non facelo “serán responsables únicos do que está acontecendo neste país”. Reclamoulle que expliquen “si vai desenvolver a Lei de Policía de 1997 para dotar ao país dun corpo de policía propio”.

Negarse a asumir responsabilidades
Acusou ao Goberno galego de “negarse a asumir as súas propias responsabilidades desprazando a responsabilidade ao goberno central, cando a realidade é que están obrigados a cofinanciar” este persoal. Reclamou que “dea conta das iniciativas para que non se produza esta diminución constante de efectivos e teñamos un modelo de policía eficaz, dotado de medios e axentes que poidan cumprir coas súas funcións”.

Dixo que o ministerio “quere ampliar as prazas” pero resultará imposible mentres o goberno galego non destine “os 7 ou 9 millóns de euros necesarios” para cofinanciar a Unidade de Policía Adscrita.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar