A Xunta equipara a súa política laboral a unha ETT

A Xunta equipara a súa política laboral a unha ETT

A Xunta equipara a súa política laboral a unha ETT

A portavoz de Función Pública do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao conselleiro de Vicepresidencia de asemellar a política laboral da Xunta a “unha empresa de traballo temporal” pola precarización dos empregos públicos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento a raíz da última sentenza do TSXG contra o Goberno galego pola contratación de traballadores do servizo de prevención de incendios.

Noela Blanco lembrou que os tribunais veñen de obrigar á Xunta a considerar como fixos descontinuos aos traballadores do servizo de prevención de incendios que reforzaban ao persoal fixo da Xunta durante os meses de verán. Sinala que se trata dun “exemplo do abuso dos contratos temporais na administración galega” que son unha constante dende a chegada de Feijóo.

Reclamoulle o cambio dunha súa política laboral caracterizada pola precarización que “se asemella máis á dunha ETT que a un organismo público que debera dignificar, valorar e respectar o traballo dos empregados e empregadas ao seu servizo e traballar por garantir e mellorar o piar fundamental para a igualdade e a xustiza social que son os servizos públicos”.

En lugar de optar pola súa dignificación, o goberno galego “abusa dos contratos temporais”, co que, de acordo coas cifras do IGE, entre os meses de xullo de 2009 e 2015, o goberno galego desfíxose de 5.820 empregos fixos pola redución de persoal laboral, estatutario e funcionario. Nesta etapa, a Administración autonómica amortizou 2.757 postos fixos de funcionario e incrementou en 1.137 os contratos en precario.

Estes novos contratos, dixo, corresponden con persoal que é chamado “día a día, por meses ou con outros vencellos laborais, e os que non se cobren en condicións de absoluta precariedade acaban sendo amortizados ou recorrendo a empresas privadas para suplir as carencias de persoal provocadas por eles mesmos”.

Sinalou que nestes sete anos “os empregados públicos teñen denunciado esta situación a través das centrais sindicais en numerosas ocasións”. Lembrou o caso do persoal Farmacéutico Inspector de Saúde Pública, encargado de velar pola saúde pública ambiental, que se atopa en folga dende o pasado 18 de maio pola redución de persoal no servizo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar