A Xunta entorpece deliberadamente a concesión de axudas da PAC

A Xunta entorpece deliberadamente a concesión de axudas da PAC

A Xunta entorpece deliberadamente a concesión de axudas da PAC

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao goberno galego e ao PP de “dificultar” a solicitude de axudas da PAC polos agricultores galegos. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposición non de Lei para facilitar os trámites para cobrar estas axudas e dunha pregunta na que a Xunta negouse a cambiar os criterios de asignación de axudas para “greening”.

O responsable socialista amosou a súa sorpresa na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento de Galicia diante da decisión de “poñer paus nas rodas para facer máis difícil que a xente acceda ás axudas”. O PP vetou unha proposta dirixida a “poñer mecanismos técnicos e humanos e mudar os requisitos” para facilitar os trámites de solicitude de axudas da PAC agroalimentais, clima e agricultura ecolóxica”.

García lembrou que hai máis de 2.000 expedientes destas axudas que foron denegados polo goberno galego o 1 de febreiro de 2016, que afectan a explotacións de montaña e zonas desfavorecidas, ás que se lles escamotea un apoio que pode chegar a supor máis dun 40 por cento dos seus ingresos.

Criticou que “en lugar de contar coa axuda da administración para percibir as axudas da PAC, esta se converte nun atranco máis a superar para poder optar a estas axudas”, xa que agora só poden ligarse á liña de “apoios á xestión de pastos”.

Ademais, os expedientes foron denegados con argumentos como ser pastos de menos de 0,3 hectáreas, ter máis dun 10 por cento de pendente en determinadas zonas, incapacidade da Consellería de determinar as coordenadas onde están situadas as colmeas ou problemas de duplicidade.

Greening

O responsable socialista presentou ademais unha pregunta oral na que acusou ao goberno galego de continuar aplicando uns criterios “prexudiciais” para os gandeiros galegos e que ademais os deixa en desvantaxe co resto das comunidades autónomas á hora de percibir o as axudas da PAC de pago verde ou greening.

Dixo que malia que o goberno galego tiña anunciado o cambio dos criterios coa chegada da nova conselleira, o certo, puntualizou, é que “na práctica non se rectificou a decisión e a case da totalidade das explotacións de leite seguen tremendamente prexudicadas” por uns criterios “incomprensibles”.

O responsable socialista lembrou que este sistema, orientado á diversificación de cultivos e prácticas beneficiosas para o medio, obriga aos gandeiros con mais de 10 hectáreas a contar con dous cultivos e deixar parte do terreo a ermo. A particularidade, explicou, é que o goberno galego aplicou a normativa impedindo o cultivo durante dous meses no verán, precisamente no momento do cultivo de millo forraxeiro.

Este requisito impediu ás explotacións que solicitaran as axudas cultivar especies dirixidas á alimentación da súa cabana gandeira, con perdas estimadas en 10 millóns de euros polos estudos elaborados pola administración, que estiman a caída da produtividade nun 10 por cento das grandes explotacións. O goberno galego explicou que 9.292 explotacións solicitaron as axudas e 600 produtores mudaron os seus cultivos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar