A Xunta entorpece a supresión de barreiras na casa sindical de Monforte

A Xunta entorpece a supresión de barreiras na casa sindical de Monforte

Vicente DocasarO deputado socialista Vicente Docasar denunciou hoxe o “sectarismo político e ideolóxico” do goberno galego ao negarse a reformar a casa sindical de Monforte de Lemos para suprimir as barreiras arquitectónicas, tal e como pedía un acordo do Parlamento de hai un ano. Así o dixo no debate dunha pregunta oral presentada hoxe na Comisión Institucional do Parlamento.

O deputado de Monforte esixiu “unha solución definitiva” para a situación dun inmoble que recibe en torno a 9.000 persoas que visitan ao ano as instalacións de UGT, CCOO ou CIG ou mesmo o Servizo de Orientación de Emprego que ten o Goberno galego, que atendeu a 1.447 persoas en dous anos.

Os socialistas galegos esixiron o cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galicia do pasado 9 de febreiro respaldando a realización das ditas obras arquitectónicas na sede sindical e na Delegación de Facenda. Aínda que o inmoble de Facenda xa foi modificado, aínda resta acometer as obras do outro edificio, construído na década dos sesenta.

Lembra que a normativa estatal e autonómica obriga a que os edificios públicos sexan accesibles á cidadanía con mobilidade reducida, “o que obviamente non se cumpre” no caso deste edificio, de 260 metros cadrados útiles e que albergas ás centrais sindicais dende xuño do ano 2000.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar