A Xunta entorpece a concesión de carné de manipulador de praguicidas

A Xunta entorpece a concesión de carné de manipulador de praguicidas

A Xunta entorpece a concesión de carné de manipulador de praguicidas

Monte GalegoO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe á Xunta de impedir a concesión de carné de manipulador de produtos praguicidas. García advirte que a normativa comunitaria esixe un carné, obrigando aos profesionais a dirixirse a comunidades autónomas limítrofes para adquirilo, xa que esta non fixo os deberes e unha vez máis “chega tarde á resolución dos problemas”.

A pesares de ser un feito coñecido dende fai varios anos e tamén denunciado polo PSdeG-PSOE en numerosas ocasións en comisión parlamentaria, non se habilitou por parte da Consellería os mecanismos para que os demandantes puideran acceder á formación necesaria para obter dito carné.

García presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que reclama “un plan especial e específico, de xeito inmediato, que dea resposta á demanda” dos alumnos que queiran obter o carné de manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. Sinala que a Xunta “non estableceu unha oferta formativa axeitada” fronte á demanda destes carnés “nin desenvolveu ningún plan especial para facilitar o acceso”.

O deputado socialista lembra que, de acordo co decreto de uso sostible de produtos fitosanitarios, que traspón a Directiva comunitaria sobre o uso sostible de praguicidas, dende o pasado 25 de novembro só se poderán vender estes produtos para uso profesional a quen teña o carné de aplicador – manipulador.

Unha normativa que en teoría só afecta aos profesionais, en realidade inclúe unha lista de compostos tan ampla que “fai que na práctica sexa imposible adquirir ningún produto sen carné”. Ante a falla de resposta da Xunta de Galicia, “hai peregrinacións en bus cara outras comunidades limítrofes programadas de moitos/as agricultores/as que precisan con urxencia dito carné”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar