A Xunta elude desmentir ás acusacións de Gerardo Crespo contra Feijóo

A Xunta elude desmentir ás acusacións de Gerardo Crespo contra Feijóo

A Xunta elude desmentir ás acusacións de Gerardo Crespo contra Feijóo

Fotografía de Óscar Corral

Fotografía de Óscar Corral

O vicepresidente da Xunta eludiu responder hoxe á pregunta socialista desmentindo as acusacións do principal investigado na Operación Zeta, Gerardo Crespo. Marisol Soneira pediulle hoxe en van ao goberno galego que desmentira as afirmacións polas que Crespo asegura que o empresario presunto conseguidor da trama, Pachi Lucas, pernoctaba en Monte Pío.

Soneira presentou unha pregunta oral na sesión de control ao goberno sobre as afirmacións do empresario militante do PP que, advertiu, “quén garante” a falsidade do resto das súas acusacións, como que “o presidente informou das escoitas, que Lucas era o conseguidor da trama e que o PP recibía parte do diñeiro para parados”.

O vicepresidente da Xunta non foi quen tampouco de desmentir que o presidente da Xunta fora quen advertira a Lucas que deixara de falar co empresario coruñés “porque o teléfono estaba pinchado”.

Soneira explicou que “preguntamos para preservar a dignidade da institución” e puntualizou que “eu creo que son infundios, porque se non o son o presidente ten que dimitir” e advertiu que o vicepresidente “perdeu unha ocasión magnífica para desmentir a este señor”.

Lembrou que Crespo asegurou que contratara a Lucas por 3.000 euros anuais porque “era o mellor amigo de Feijóo e que durmía moitas veces en Monte Pío”, e que o propio presidente da Xunta advertiu a Lucas “que deixara de falar comigo porque o teléfono estaba pinchado”.

Dixo que “nunca nos interesamos por quén entrou ou saliu de Monte Pío, non nos interesa a súa vida persoal, pero falamos dunha persoa que implica ao presidente da Xunta con acusacións moi graves”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar