A Xunta elude concretar as supostas tarefas de prevención aplicadas contra lumes forestais

A Xunta elude concretar as supostas tarefas de prevención aplicadas contra lumes forestais

A Xunta elude concretar as supostas tarefas de prevención aplicadas contra lumes forestais

O portavoz de Agricultura do grupo socialista, Pablo García, demandou hoxe á Xunta información sobre as labores de prevención dos lumes forestais que se fan entre os meses de xaneiro e xuño, pero a Xunta do PP non foi quen de concretalas.

Nunha pregunta en Comisión ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, García afirmou que “nos sucesivos Pladiga se recolle que a prevención, os sistemas de alerta preventiva, a silvicultura preventiva ou a creación de infraestruturas de defensa e as accións de mellora da xestión forestal e das súas producións son imprescindibles, pero despois non se concretan”.

O representante do Goberno de Feijóo falou de orzamentos e das persoas que forman cada una das brigadas, sen especificar as accións que realizaron nos últimos meses. “Non sabemos por exemplo que controles sobre os combustibles forestais fixéronse”, afirmou García.

En opinión dos socialistas, e como xa indicaron noutras ocasións na Cámara galega, “a política da Xunta de Galicia na loita contra os incendios forestais cada vez vese máis reducida a un único campo que é o da extinción, a prevención quedou totalmente relegada a un cumprimento sobre o papel, sen ningún tipo de priorización nin planificación real”.

O Grupo Parlamentario Socialista considera que Medio Rural presenta o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia –Pladiga- como “un trámite mais”, mentres “estamos sentados nun polvorín” logo de tres anos consecutivos sen aplicar labores de prevención.

Do mesmo xeito considera inadmisibles as declaracións feitas polo secretario xeral “sacándose de enriba a responsabilidade da Xunta nas labores de prevención e trasladando estas aos propietarios e concellos”, e tampouco comparte a visión que o responsable da consellería manifestou en días pasados “de que a xestión dos montes non ten nada que ver cos incendios forestais, algo incomprensible dado a inxente cantidade de recursos que anualmente dedicamos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar