A Xunta elude comprometerse a abrir o Museo do Viño de Ribadavia

A Xunta elude comprometerse a abrir o Museo do Viño de Ribadavia

A Xunta elude comprometerse a abrir o Museo do Viño de Ribadavia

A deputada socialista Noela Blanco acusou hoxe ao goberno galego de evitar comprometerse a abrir o Museo do Viño de Ribadavia, construído na reitoral de Santo André de Camporredondo e que leva 31 anos paralizado polos gobernos do PP. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento esixiulle sen éxito ao conselleiro de Cultura un compromiso para abrir o servizo nesta Lexislatura.

A responsable socialista reclamoulle ao conselleiro de Cultura que desbloquee o Museo do Viño, á espera “dunha pequena dotación material e de persoal”. Aludiu á proposta da Deputación de Ourense de colaborar co goberno galego para poñer en marcha o Museo, e ironizou coa política de persoal do ente provincial, con 80 contratos en plena campaña electoral, para sinalar que “teñen traballadores de abondo para satisfacer ás necesidades” desta infraestrutura.

Blanco saudou a iniciativa da Deputación cando o goberno galego ten rexeitado as emendas socialistas para dirixir unha dotación orzamentaria específica a este Museo que se atopa nun estado “desolador, cuberto pola maleza e pechado”.

Lembrou que foi un goberno socialista dende o Concello o que cedeu o espazo para construír o centro, e un goberno do PP quen o paralizou ata a chegada de Emilio Pérez Touriño ao Executivo autonómico para deixalo listo para a súa apertura ata que de novo o PP, desta vez da man de Feijóo, o mantén abandonado dende 2009.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar