A Xunta elude agora comprometerse co Museo da Romanización de Lugo

A Xunta elude agora comprometerse co Museo da Romanización de Lugo

A Xunta elude agora comprometerse co Museo da Romanización de Lugo

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de “mentirlle a Lugo e aos lugueses e luguesas” durante os oito últimos anos nos que se comprometeu “en falso” coa construción do Museo da Romanización no cuartel de San Fernando. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre esta obra comprometida por Feijóo dende 2009 e que a día de hoxe “non moveron un dedo para levalo adiante”.

Burgo sinalou que a directora xeral de Patrimonio deixou “en evidencia as mentiras do goberno galego coa cidade” ao “negarse a reeditar” o seu compromiso co Museo da Romanización. Acusou a Feijóo de “manter durante 8 anos unha mentira sobre a construción dunha infraestrutura destinada a toda Galicia, non só para a cidade, e como tal a responsabilidade correspóndelle á Xunta”.

censurou a “nula vontade” do goberno galego para levar adiante unha infraestrutura fundamental para a cidade, para a que asinaron un convenio polo que o Concello adquiría o inmoble para cedérllelo ao goberno galego e que este fixera o museo. A realidade é que Lugo mercou un inmoble declarado BIC e ten que facerse cargo do seu mantemento diante do desinterese da Xunta, que está a deixalo na ruína.

A deputada socialista lembra que o goberno galego mesmo chegou a adxudicar o proxecto de rehabilitación xa en 2011, a pesares do cal a día de hoxe aínda non o puxeron en marcha. Desafiou ao goberno galego a “ter a valentía de dicirlle aos lugueses que despois de ter mercado o edificio, e de ter asumido e reiterado o seu compromiso entre 2009 e 2016, a realidade é que non van facelo”.

Lamentou a “falla de compromiso coa cidade” e dun “caso de deslealdade institucional como poucas veces temos visto”. Aludiu así a un acordo “do que se van desentender” logo de que Lugo desembolsara 2,4 millóns de euros para facerse co edificio, que hoxe esfórzanse por manter en pé, algo que “nin sequera tería que facer o Concello, xa que é competencia da Xunta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar