A Xunta Electoral considera ilegal a visita do conselleiro de Educación a escolas de O Barco

A Xunta Electoral considera ilegal a visita do conselleiro de Educación a escolas de O Barco

A Xunta Electoral considera ilegal a visita do conselleiro de Educación a escolas de O Barco

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, anunciou que a Xunta Electoral ven de confirmar que a visita do conselleiro de Educación e candidato do PP por Ourense a varios centros educativos de O Barco de Valdeorras, o pasado, mércores, vulnera a Lei Electoral. A sentenza obriga á súa retirada da web do goberno galego, malia o que nestes momentos aínda permanece publicada.

O responsable socialista dixo que “os cidadáns non lle perdoarán a Feijóo as mentiras nin as trampas para tentar gañar unhas eleccións que ten perdidas”. Esixiulle así de novo ao goberno galego “que pare coa súa descarada estratexia de utilización dos medios do goberno para obter rédito político para o PP”.

Lembrou que a Xunta tamén ten vulnerado a Lei Electoral na sinatura do convenio entre Pemex e os estaleiros de Barreras e Navantia, e no uso da web do Goberno galego para atacar politicamente ao alcalde socialista de Lugo.

Pablo García acusou hoxe ao conselleiro de Educación, Vázquez Abad, de “utilizar a súa condición de conselleiro para potenciar a candidatura por Ourense” que el mesmo encabeza. Criticou unha “estratexia descarada en contra da legalidade, da ética e do xogo limpo que merecen as eleccións autonómicas”.

Alfonso Rueda

Dixo que esta estratexia do PP quedou plasmada ao nomear como coordinador da campaña a quen é o responsable, dende o goberno galego, de velar polo xogo limpo, que é o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Criticou que Rueda “continúe hoxe mezclando descaradamente as súas labores de conselleiro coa dirección da campaña electoral”.

Reclamoulle de novo que “cese das súas funcións no goberno galego para evitar sospeitas fundadas sobre o uso partidista dos medios da administración pública galega”. Esixiulle de novo que siga o exemplo do conselleiro de Interior do goberno vasco, Rodolfo Ares, quen cesou das súas actividades para dedicarse a coordinar a campaña electoral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar