A Xunta Electoral considera ilegal a visita da Xunta ás obras do hospital de Vigo en campaña

A Xunta Electoral considera ilegal a visita da Xunta ás obras do hospital de Vigo en campaña

A Xunta Electoral considera ilegal a visita da Xunta ás obras do hospital de Vigo en campaña

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, informou hoxe que a Xunta Electoral de Galicia ven de considerar ilegal a visita da conselleira de Sanidade ás obras do Hospital de Vigo en plena campaña electoral. O responsable socialista considera “alarmante” e “de extrema gravidade” que a Xunta teña xa 5 sentenzas en contra por outros tantos actos ilegais denunciados polos socialistas galegos.

García esíxelle a Feijóo e aos membros do goberno galego que cumpran co requerimento da Xunta Electoral e “se absteñan de realizar actos prohibidos” pola Lei de Eleccións. O responsable socialista lémbralle ao candidato do PP que “ten a obriga e a responsabilidade de cumprir coa legalidade” e critica a “estratexia artellada polo PP para utilizar o Goberno galego en función dos seus intereses electorais”.

A resolución feita pública esta mañá pola JEC vén a darlle a razón aos socialistas de Galicia en canto que denunciaban a utilización da visita ás obras do Hospital de Vigo con “evidentes connotacións electoralistas”. Os socialistas consideran que a estratexia da Xunta supón un “ataque contra o xogo limpo”.

Esta nova denuncia admitida pola Xunta Electoral súmase aos actos ilegais denunciados anteriormente polos socialistas galegos en relación á participación do presidente da Xunta no acto de sinatura do acordo con Pemex e o seu discurso de toma de posesión dos policías autonómicos.

Tamén foron estimados ilegais a visita do conselleiro de Educación a colexios de Valdeorras e o uso da web da Xunta para atacar politicamente ao alcalde de Lugo. O responsable socialista criticou de novo “a descarada manipulación do Goberno galego con fines electorais por parte do candidato do PP”.

Alfonso Rueda

García sinala que as advertencias “serias e contundentes” do órgano electoral deberían “mover a reflexión” ao candidato do PP e ao seu responsable de campaña, que ademais é o conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia. Reitera que Alfonso Rueda debera dimitir “para evitar sospeitas sobre o uso partidista dos medios da administración pública galega”.

Apunta que “quen é responsable do operativo electoral no goberno é responsable da estratexia electoral do PP”, o que “xera serias e fundamentadas dúbidas a limpeza no proceso electoral”. Esixiulle de novo que siga o exemplo do conselleiro de Interior do goberno vasco, Rodolfo Ares, quen cesou das súas actividades para dedicarse a coordinar a campaña electoral.

A normativa vixente establece que durante o período electoral os poderes públicos non poderán realizar ningunha campaña institucional que atenten contra os principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais, principios que deben ser efectivamente garantidos pola Administración electoral.

Engade ademais que se prohiben calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente polos poderes públicos que conteñan alusións ás realizacións ou aos logros obtidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar