A Xunta Electoral admite a denuncia dos socialistas contra a presenza de Feijóo na sinatura do acordo con Pemex

A Xunta Electoral admite a denuncia dos socialistas contra a presenza de Feijóo na sinatura do acordo con Pemex

A Xunta Electoral admite a denuncia dos socialistas contra a presenza de Feijóo na sinatura do acordo con Pemex

A Xunta Electoral de Galicia ven de admitir a denuncia dos socialistas contra a presenza de Feijóo na sinatura do acordo de Barreras e Navantia con Pemex por infrinxir a Lei Electoral. O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, esixiulle hoxe ao PP e mailo seu candidato que “desistan da descarada utilización dos recursos do Goberno galego como medio de propaganda electoral”.

A resolución emitida pola Xunta Electoral de Galicia apunta que a asistencia de Feijóo á sinatura do acordo entre estas empresas constitúe “unha infracción do artigo 50 da Lei Electoral Xeral” e advirte que, si ben “polo momento” non da comezo un procedemento sancionador, este “se podería iniciar de reiterarse esta conduta” por parte de Feijóo. Ademais, obriga ao goberno galego a retirar a noticia, incluída a gravación do acto e o discurso do presidente, da web da Xunta de Galicia.

A Xunta Electoral admite tamén a denuncia contra o uso da web da Xunta para atacar politicamente ao alcalde de Lugo, acusándoo de “facer campaña electoral dende a casa de todos os veciños de Lugo”, e obriga á súa retirada da web e advirte do inicio dun procedemento sancionador “no caso de reiterarse condutas semellantes”.

Propaganda electoral

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, afirma que estes acordos dan a razón ás denuncias presentadas polos socialistas galegos sobre o uso dos medios do goberno galego en beneficio dos intereses electorais do PP.

En opinión do responsable socialista, a presenza de Feijóo naquel acto de sinatura supón unha “evidente mostra de nerviosismo” e un “intento desesperado de tapar a nefasta xestión do seu goberno en apoio do naval galego”.

Sinalou que “Feijóo ten mala conciencia porque sabe que o goberno socialista deixou 80 buques en construción, 17.000 empregados directos e indirectos e unha produción por importe de 4.600 millóns de euros, hoxe ten 12 barcos, 7.000 empregados e a produción baixou ata os 1.100 millóns de euros”.

García sinala que as advertencias “serias e contundentes” do órgano electoral deberían “mover a reflexión” ao candidato do PP e ao seu responsable de campaña, que ademais é o conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia. Reitera que Alfonso Rueda debera dimitir “para evitar sospeitas sobre o uso partidista dos medios da administración pública galega”.

Apunta que “quen é responsable do operativo electoral no goberno é responsable da estratexia electoral do PP”, o que “xera serias e fundamentadas dúbidas a limpeza no proceso electoral”. Esixiulle de novo que siga o exemplo do conselleiro de Interior do goberno vasco, Rodolfo Ares, quen cesou das súas actividades para dedicarse a coordinar a campaña electoral.

Acto publicitario

O PSdeG-PSOE denunciou explicitamente que a sinatura do acordo entre Pemex e as empresas galegas foi un acto publicitario, no que a administración da Comunidade non era parte nin motivo para presentar esta firma como unha consecuencia das actuacións do goberno autonómico. Estes feitos fixeron que se presentara a consecución e sinatura dos contratos como un logro do actual goberno e incorresen na prohibición da LOREG.

Os socialistas veñen de constatar que todo o proceso de acordos para a subscrición dos contratos entre PEMEX e as empresas navais Barreras e Navantia foi presentado de forma progresiva e calculada como un logro do presidente da Xunta e candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

Este feito trouxo como consecuencia a asistencia de Feijóo a un acto celebrado no Pazo de Raxoi, sede tamén do Goberno da Xunta de Galicia, que foi anunciada polos medios de comunicación, pero que en absoluto era indispensable para a subscrición destes acordos. Sen embargo, trala sinatura dos mesmos realizou declaracións convertendo o propio acto en si en acto electoralista.

Lembran ademais que a normativa vixente establece que durante o período electoral os poderes públicos non poderán realizar ningunha campaña institucional que atenten contra os principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais, principios que deben ser efectivamente garantidos pola Administración electoral.

Na súa denuncia, engaden ademais que a normativa vixente prohibe calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente polos poderes públicos que conteñan alusións ás realizacións ou aos logros obtidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar