A Xunta é responsable da ausencia de contratos entre adegueiros e viticultores, incumprindo a Lei

A Xunta é responsable da ausencia de contratos entre adegueiros e viticultores, incumprindo a Lei

A Xunta é responsable da ausencia de contratos entre adegueiros e viticultores, incumprindo a Lei

Pablo García acusa ao goberno galego de “non asumir o papel de garante dunhas relacións normalizadas entre viticultores e adegas”.

Considera “incomprensible” que as adegas se beneficien das axudas públicas á exportación pero “non trasladen estes beneficios aos viticultores”.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, responsabilizou hoxe á Xunta do incumprimento da Lei de Seguridade Alimentaria por canto os viticultores están obrigados a entregarlle a uva aos adegueiros sen ter contratos, sen ter prezo e sen saber a data de cobro.

García presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento na que advertiu que o goberno galego prima ás adegas, ás que permite facerse co control dos viñedos. Advertiu que este modelo supón “facer que a adega sexa propietaria dos viñedos e que os viticultores pasen a ser xornaleiros”.

Ademais, advertiu que os grandes adegueiros son os que están a acaparar tódalas axudas públicas do goberno galego para plantar viñedo e para a reestruturación da produción e axudas á exportación, mentres os pequenos propietarios quedan fora do concurso. Advertiu que o goberno galego “tivo hoxe a sinceridade e a valentía” de admitir que renuncia a primar aos pequenos propietarios sen capacidade para acceder ás axudas.

Pablo García reclamoulle ao goberno galego que lles esixa aos adegueiros que reciban axudas estean “como mínimo” obrigados a cumprir a Lei fixando prezos e asinando contratos cos viticultores. Denunciou que as adegas “apelen á libre competencia á hora de comprarlle uva aos viticultores pero despois a adega non compite nun libre mercado ao absorber tódalas axudas públicas”.

Considera “incomprensible que as adegas se beneficien das axudas públicas para acadar datos positivos nas exportacións e que este apoio en base a diñeiro público non se reverta sobre os viticultores” a través de contratos e do prezo da uva.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar