A Xunta e o PP obrigan a pechar a porta da Comisión de investigación sobre a fusión das Caixas porque teñen "algo que ocultar"

A Xunta e o PP obrigan a pechar a porta da Comisión de investigación sobre a fusión das Caixas porque teñen "algo que ocultar"

A Xunta e o PP obrigan a pechar a porta da Comisión de investigación sobre a fusión das Caixas porque teñen "algo que ocultar"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que “hai algo que ocultar” sobre a fusión das caixas logo de que a Xunta e o PP decidiran de pechar a porta da Comisión de Investigación das caixas. Así o dixo na xuntanza de dita Comisión celebrado hoxe no que o PP decidiu declarar de carácter reservado as sesións de estudo de documentación.

O responsable socialista denunciou que o PP “impón retraso e néboa” na dita Comisión, e engadiu que “ou isto é o Can dos Baskerville –en alusión á novela de Conan Doyle- ou realmente hai algo que ocultar”. Dixo que esta decisión “racha de maneira radical co discurso de transparencia, proximidade e utilidade do Parlamento que a presidenta da Cámara traslada machaconamente” e que supón “un escalón mais no proceso de doma e castración do Parlamento de Galicia”.

Losada preguntou “por qué a auditoría elaborada por KPMG que supostamente avalaba a fusión ten que ser reservada”, especialmente cando foi pagada con cartos públicos e o propio presidente declarara que fora proporcionada aos grupos da oposición. Desmentiu que os portavoces dos grupos parlamentarios tiveran acceso á dita auditoría.

O portavoz socialista sinalou que o Banco de España non dixo en ningún caso que a auditoría fora de carácter reservado, polo que a decisión responde á “necesidade política” da Xunta e do PP de agochala. Preguntou si a ex conselleira de Facenda e actual secretaria de Estado de Facenda, Marta Fernández Currás, “non contou exactamente o que poñía a auditoría” para xustificar o proceso.

O parlamentario socialista sinalou que “retrocedín á Viena dos anos 50” ao coñecer o intento de Xunta e PP de impoñer o carácter reservado da documentación remitida á Comisión cando a realidade é que “hai medios de comunicación que dispoñen desta documentación dende hai anos”. Sinalou que “isto non é -a película de espías- O Terceiro Home, isto é unha Comisión parlamentaria”.

Banco de España

Así, apoiou a decisión de trasladarlle ao Banco de España a queixa do Parlamento de Galicia por ter comunicado, onte, o carácter “sorprendentemente reservado” dos informes sobre o proceso de fusión, e a súa negativa a remitilos ao Parlamento de Galicia a través dunha misiva “absolutamente reprobable”.

Losada reclamou coñecer ademais a información relativa ás indemnizacións dos ex directivos das entidades fusionadas porque, dixo, “non quero coñecer o seu número de conta bancaria, quero saber quén aprobou as indemnizacións e qué informes fixeron a Xunta e a CNMV”.

O portavoz socialista reclamou a comparecencia do ex presidente do Banco de España Jaime Caruana –nomeado por Aznar- e do actual, Luis María Linde, logo de que se solicitara a de Miguel Ángel Fernández Ordóñez.

Tamén reclamou “mais tempo” para que traballe a Comisión e que a queixa que se trasladará ao Banco de España se aplique tamén á Comisión Nacional do Mercado de Valores, en caso de terse oposto a enviar información.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar