A Xunta e o PP impiden a comparecencia do conselleiro de Educación solicitada polos socialistas

A Xunta e o PP impiden a comparecencia do conselleiro de Educación solicitada polos socialistas

A Xunta e o PP impiden a comparecencia do conselleiro de Educación solicitada polos socialistas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, recriminou e á Xunta e ao PP o rexeitamento dunha solicitude de comparecencia do conselleiro de Educación no próximo Pleno solicitada polo PSdeG. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do próximo Pleno, no que Pachi Vázquez preguntará a Feijóo sobre as medidas para garantir os servizos públicos básicos.

O responsable socialista considerou “imprescindible” que o conselleiro de Educación dea contas do recorte de profesores e servizos complementarios no ensino que está a atopar a oposición frontal da comunidade educativa. Losada responsabilizou á Xunta deste “clima xeral” de tensión no comezo do curso escolar, que se repite tanto en Galicia como no resto das autonomías gobernadas polo PP.

Esta solicitude vai en liña coa pregunta ao presidente que formulará o líder socialista, Pachi Vázquez, para que Feijóo explique “qué medidas está tomando para garantir as prestacións dos servizos públicos básicos”. Os socialistas presentarán tamén unha moción na que reclaman a sanidade que desestime de xeito radical o copago como ferramenta de financiamento.

Os servizos públicos esenciais tamén serán o centro dunha proposición non de Lei sobre os comedores escolares e a circular “indigna” remitida polo Goberno galego para que retiren o xantar aos fillos e fillas de familias que non poidan pagar puntualmente este servizo. Losada criticou esta medida cando en Galicia hai 600.000 persoas en risco de pobreza e a Xunta amosa “xenerosidade” á hora de asinar convenios coa CEG.

Tamén será debatida unha interpelación socialista sobre a decisión do goberno galego de conxelar os fondos da Renda de Inserción Social de Galicia –Risga-, que fai “difícil entender o discurso de solidariedade do Goberno galego”. Tamén serán debatidas senllas preguntas orais sobre a paralización dos proxectos de investigación do Plan Incite e o recorte de ambulancias do 061 a pesares da dispersión e envellecemento da poboación.

Parque móbil

O portavoz do Grupo Socialista reclamou hoxe que o goberno galego reduza o uso dos vehículos oficiais por parte dos altos cargos da Xunta para restrinxilo aos conselleiros de conselleiras logo de limitar o seu uso entre os membros da Mesa da Cámara. O próximo Pleno do Parlamento analizará esta medida a través dunha proposición non de Lei presentada polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.

Losada amosou tamén a disposición do Grupo Socialista a facer públicos os patrimonios dos 75 deputados e deputadas da Cámara autonómica tal e como fixeron o Congreso e o Senado –por iniciativa dos seus presidentes socialistas- e 4 autonomías, tres das cales, lembrou, tamén baixo mandato socialista.

No próximo Pleno tamén será debatida unha Interpelación sobre o control urbanístico da Comunidade Autónoma na que critica que a redución do control administrativo e o establecemento de presuntos controis a posteriori “abre a porta a irregularidades”. Advertiu así a “dilixencia” amosada pola Xunta en Vilaboa ou A Guarda, gobernadas polos socialistas, e a “tolerancia” en Barreiros ou Sanxenxo, gobernadas polo PP.

Os socialistas galegos reclaman á Xunta un “compromiso coa efectividade e a igualdade de trato” no control urbanístico”. Finalmente, preguntarán á Xunta sobre o uso dun helicóptero de emerxencias “para que os técnicos da Copa Davis sobrevoaran a Cidade da Cultura”.

Actividade económica e emprego

Losada tamén criticou o rexeitamento da solicitude de comparecencia do conselleiro de Industria a pesares de que Galicia aumente día a día o diferencial de perda de emprego industrial con relación ao resto do Estado. Dixo que ao PP “non lle importan os 30.000 empregos perdidos no sector”, así como que o Igape continúe descabezado e o naval de Vigo “non atope mais resposta que o apoio amosado polo goberno de España”.

En materia de actividade económica e emprego, os socialistas presentaron unha moción para establecer o ensino como unha “ferramenta económica de primeira orde ademais dun dereito social básico” á hora de mellorar o capital humano desta comunidade.

O portavoz do Grupo Socialista comezou a súa intervención de hoxe transmitindo un saúdo aos traballadores de xornal.com, logo de que onte se coñecera o seu peche que afectará a 38 traballadores. Losada lamentou que “hoxe Galicia é menos rica e menos plural” co peche do primeiro diario dixital de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar