A Xunta é o "brazo executor" do lume do Eume por desmantelar as políticas de prevención

A Xunta é o "brazo executor" do lume do Eume por desmantelar as políticas de prevención

A Xunta é o "brazo executor" do lume do Eume por desmantelar as políticas de prevención

A portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Sonia Verdes, dixo hoxe que o presidente da Xunta é o “máximo responsable” do incendio das Fragas do Eume por ser “o brazo executor das políticas de recortes e desmantelamento das medidas de prevención e de ordenación do noso monte”. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Medio Rural sobre a traxedia vivida a pasada semana.

Advertiu que “o lume se cadra non se puido evitar pero a traxedia si, con prevención e con políticas de valorización e aproveitamento do monte”. Criticou que mentres a xoia medioambiental de Galicia ardía durante catro días en pleno inverno o presidente da Xunta “atreveuse a frivolizar defendendo que o dispositivo funcionou”, demostrando estar á fronte un “goberno irresponsable e incompetente”.

Sinalou que en apenas 100 días de 2012 ardeu máis en Galicia que en todo o ano 2008 e 2009, nun inverno que culminou coa desaparición de mais de 750 hectáreas -de acordo cos datos da Xunta- do Parque Natural das Fragas do Eume. Foi o colofón, dixo que demostrou a “falla de planificación, descoordinación e un dispositivo insuficiente”, no que “fallou a Xunta e o delegado do goberno” mentres os veciños apagaban as lapas.

Verdes reclamou hoxe á conselleira e ao secretario xeral de Montes que “asuman responsabilidades” porque “van arruinar o país”. Apuntou que o secretario xeral de Montes que non foi quén de poñerse á fronte para coordinar o dispositivo de extinción, demostrándose “un perigo para este país”.

Lembrou neste sentido que a UME “non tiña orde de intervir porque o secretario xeral de Montes non estaba para coordinar o dispositivo” e lembrou que “haberá que aclarar se non houbo neglixencia da Xunta por desatender unha alerta por un lume mal apagado”.

A parlamentaria socialista criticou que logo de 6 meses encadeados de seca o Goberno galego “nin sequera tiña despregado o dispositivo de precampaña”, cos brigadistas baixo mínimos e “sometidos a xornadas maratonianas”. Advertiu que a Xunta “non cubre as baixas nin sequera nos casos de falecemento”, polo que os brigadistas “tiñan esgotadas as quendas e as motobombas estaban paradas.

WRITINGNARRATIVEESSAY.COM

Criticou que o goberno galego teña apostado pola “propaganda deleznable pagada cos cartos de todos os galegos para agochar a incompetencia do goberno” cando a realidade é que este ano arderon as Fragas do Eume e o  Parque do Xurés, mentres o ano pasado ardían mais de 20.000 hectáreas da Serra do Invernadoiro, nun “desastre ecolóxico ao que hai que sumar a perda irreparable de 4 vidas que non poden ser en balde”.

Desmantelamento

Sonia Verdes advertiu “os responsables da traxedia son os incendiarios que prenden e mais o goberno galego polo desleixo da protección e coidado do noso monte cunha austeridade mal entendida durante 3 anos de recortes e desmantelamentos das políticas de valorización do monte e de abandono do noso medio rural”.

Lembrou así que “os incendiarios non se perseguen suprimindo puntos de vixilancia nin desmantelando as brigadas de investigación”, e advertiu que “hai que ser implacables, pero non nos van atopar aos socialistas para o que pretende Feijóo de que non lles quede un euro co que vivir”, en contra da súa reinserción ao “crear marxinados sociais”.

Engadiu que “os lumes non se apagan desmantelando o dispositivo porque o que fan é poñer en risco a vida dos traballadores e dos veciños cun dispositivo decimado, con contratacións a contagotas, recortando na vixilancia e na disuasión, recortando na formación e na seguridade dos brigadistas.

A responsable socialista advertiu que “coa lacra dos incendios non se remata en tanto Feijóo non entenda que ademais de perseguir aos incendiarios –cos que hai que ser implacables- hai que xestionar o monte e reforzar a prevención”. Engadiu que “para racionalizar o gasto en extinción hai que apostar por valorizar o monte e apostar por un rural vivo e dinámico, cun cambio de rumbo nas políticas da Xunta”.

Reclamou así “un verdadeiro plan de rexeneración, con medidas concretas, con planificación no tempo, debidamente orzamentado e consensuado cos veciños e veciñas”. Engadiu que “coa lacra dos incendios forestais non se remata en tanto non entendan que non só están queimados os montes, senón que están queimando a esperanza dos galegos que viven e queren seguir vivindo no noso medio rural”.

Fixo un chamamento á responsabilidade do goberno galego porque, explicou, “os lumes non se apagan pechando explotacións, coa forestación masiva como alternativa ao abandono do rural, senón apoiando aos gandeiros aos que levan 3 anos recortando axudas e que contribúen ao coidado do territorio con actividades agrarias sustentables”.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar