A Xunta dispón de 500 vivendas de emerxencia e só utilizou 43 ata o momento

A Xunta dispón de 500 vivendas de emerxencia e só utilizou 43 ata o momento

A Xunta dispón de 500 vivendas de emerxencia e só utilizou 43 ata o momento

VivendaO portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, lembroulle hoxe ao presidente da Xunta que o goberno galego tan só utilizou 43 das 500 vivendas de emerxencia que viña anunciando. O responsable socialista engade que dende o ano 2013 o goberno galego tan só impediu 80 desafiuzamentos dun total de 8.000 rexistrados en toda Galicia, segundo as súas propias manifestacións nunha recente comparecencia parlamentaria.

“Pobre balance -sinala Bugallo- que agora intenta paliar mediante un suposto convenio” polo que Abanca cederá 100 vivendas baleiras para familias con problemas económicos. Sen embargo insta ao goberno galego a “despexar dúbidas” sobre este acordo que está a ser de novo agochado ao Parlamento, malia que os socialistas o teñen solicitado por escrito.

Os socialistas galegos consideran “positiva calquera iniciativa privada que axude a paliar a situación das familias con máis dificultades”, pero lembra que “o goberno galego dispón de capacidade e medios propios dos que non fai uso”. Feijóo demostra unha vez mais, advirte, “unha mais que preocupante falla de interese por destinar recursos públicos para axudar á xente que peor o está pasando”.

Sánchez Bugallo presentou unha proposición non de Lei na que lle reclama ao goberno galego que presente, nun prazo máximo de 3 meses, un proxecto de Lei no que recoñeza explicitamente o dereito a unha vivenda digna como dereito subxectivo a favor dos que non dispoñan dela e carezan dos recursos económicos precisos para acadar unha, seguindo o exemplo da Lei de Vivenda aprobada no País Vasco o pasado 18 de xuño.

Ademais, reclama que asegure o dereito á vivenda das persoas afectadas por desafiuzamentos, “tanto provenientes de execucións hipotecarias como de non pagamentos de rendas cando carezan de recursos económicos para facerlles fronte, co fin de que poidan continuar ocupando a súa vivenda”.

Resposta tibia

O responsable socialista critica a “tibia resposta” do goberno galego fronte ao problema dos desafiuzamentos e a “nula implicación” de Feijóo á hora de impulsar a vivenda protexida, como evidencia a orde publicada no DOG o pasado 3 de xuño de axudas previstas no Plan de Vivenda para o ano 2015.

Naquel documento, o goberno galego habilita 124.000 euros para a promoción de vivendas protexidas de nova construción destinadas ao aluguer e aloxamentos potexidos por parte de empresas. Ademais, inclúe outros 21.200 euros para adquisición de vivenda protexida, usada e promoción para uso propio por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro, equivalente a “unha axuda”, precisa o deputado socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar