A Xunta dilapida en privatizacións o incremento do orzamento de Sanidade

A Xunta dilapida en privatizacións o incremento do orzamento de Sanidade

A Xunta dilapida en privatizacións o incremento do orzamento de Sanidade

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe a Feijóo de ter “dilapidado” o incremento orzamentario relativo de 100 millóns de euros no pago de privatizacións. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Sanidade para presentar os orzamentos de 2016, dos que xestiona 3.500 millóns de euros, aínda un 7 por cento menos que cando Feijóo chegou á Xunta.

A responsable socialista advertiu que o goberno galego terá que destinar 42 millóns de euros dese incremento orzamentario ao pago da primeira letra do canon do novo Hospital privado de Vigo. Mentres, outros 20 millóns de euros serán absorbidos pola privatización de diversos servizos e outros 35 deben ir destinados á recuperación das retribucións dos traballadores da sanidade pública.

Acuña lamentou que “para Feijóo a sanidade privada non é complementaria da pública, senón substitutiva”, que fixa como obxectivos para o próximo ano “máis privatizacións, máis consorcio oncolóxico, e máis concertación cos centros privados sanitarios e sociosanitarios”.

Sinalou un “intolerable e inmedible orzamento para TICs e para equipamento informático cando non temos para gasas”, mesmo chegando a plasmar a súa intención de “conectar a rede do servizo galeo de saúde cos centros privados”. Acuña preguntou “a quén queren beneficiar, quén está detrás da empresa Indra, a máis beneficiada por este investimento”.

Meninxite

A deputada socialista criticou hoxe as declaracións do presidente da Xunta, que onte desbotaba, logo da reunión do Consello da Xunta, a posibilidade de solicitar a inclusión da vacina da meninxite B no calendario obrigatorio. A responsable socialista preguntou “cántos nenos e nenas teñen que morrer” para que o goberno galego decida considerar esta medida como un servizo público.

Sinalou que o incremento de 500.000 euros para vacinación supón un ascenso “pírrico” logo de terlle recortado 4 millóns de euros ás partidas de vacinación dende que Feijóo tomou posesión en 2009.

Carmen Acuña sinalou que o incremento no orzamento do Sergas céntrase en atención especializada, “quen paga os canons e as privatizacións”, mentres atención primaria apenas medra dous millóns de euros. Con este orzamento teñen que afrontar os 24 millóns da compensación retributiva dos traballadores e traballadoras “e ademais pagar o necesario para acabar os centros de saúde aínda en construción”.

Advertiu que nos orzamentos para o próximo ano “desaparecen 29 millóns de euros dos programas especiais de farmacia e a partida para medicamentos oncolóxicos”, ao tempo que reducen o orzamento para hemoderivados de 18 a tan só 2 millóns de euros.

A Xunta reduce outros dous millóns de euros destinados aos produtos alimenticios nos hospitais galegos “mentres os combustibles e outras subministracións privatizadas se incrementan en 5 e 8 millóns, respectivamente”. Finalmente, sinalou que se incrementan en 77 millóns de euros os pagos ás empresas privadas e se baixan 42 os que se fan ás persoas e entes públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar