A Xunta "dificulta e mesmo impide" a conciliación laboral e familiar dos seus traballadores

A Xunta "dificulta e mesmo impide" a conciliación laboral e familiar dos seus traballadores

A Xunta “dificulta e mesmo impide” a conciliación laboral e familiar dos seus traballadores

A deputada socialista Patricia Vilán acusou hoxe ao goberno galego de “dificultar ou mesmo impedir a conciliación da vida laboral e familiar” ao manter a suspensión dos incrementos por traballo en festivo. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión Institucional do Parlamento contra unha “medida inxusta imposta sine die polo goberno galego”.

Vilán lembra que mentres o goberno galego está a anunciar a retribución parcial das pagas extraordinarias retiradas aos funcionarios públicos dende 2012, sen embargo mantén a suspensión do abono do incremento fixado por Lei dun mínimo do 75 por cento por horas traballadas en festivo ou no descanso semanal, salvo descanso compensatorio.

Advirte que a Xunta mantén esta medida “mentres sinala que os esforzos directos dos empregados públicos contribuíron á recuperación económica de Galicia” evita poñer data de de remate a ditos esforzos”. Esta suposta recuperación, advertiu, “non é suficiente sen embargo para restablecer as condicións anteriores no caso de obrigar aos traballadores a renunciar as días festivos ou ao descanso semanal correspondentes”.

Esta medida afecta especialmente ao persoal laboral e para o que traballa a quendas, especialmente colectivos dependentes da Consellería de Traballo en residencias da Terceira Idade ou Centros de Menores. Esta medida, ademais, fai costa arriba a conciliación da vida laboral e familiar “sobre todo no caso de persoal con fillos en idade escolar ou con persoas maiores e dependentes ao seu cargo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar