A Xunta di descoñecer as consecuencias da anulación da licenza de obras no castelo de Monterrei

A Xunta di descoñecer as consecuencias da anulación da licenza de obras no castelo de Monterrei

A Xunta di descoñecer as consecuencias da anulación da licenza de obras no castelo de Monterrei

O deputado ourensán Raúl Fernández pediu hoxe explicacións sobre cales son as consecuencias que ten para a Xunta a anulación por parte do TSXG da licenza de obras de uso hoteleiro no Castelo de Monterrei, que afectan ao contrato de explotación con Paradores. O socialista lamentou que o goberno galego “leva seis anos agredindo a fortaleza, a comarca e a veciñanza”, mentres Alfonso Rueda admitiu descoñecer as consecuencias.

Raúl Fernández lembroulle ao goberno galego que “co 88% dos inmobles cedidos” para usos hoteleiros como sucede actualmente co plan da Xunta é “imposible” que a fortaleza, que pasou do Estado á autonomía en 2010, cumpra coas condicións de uso público e visitas culturais para as que foi traspasada. “É algo noso; a historia do noso pasado, o orgullo do noso presente e aspirabamos a que fose unha esperanza de futuro”, afirmou o socialista sobre o castelo.

Fernández lembrou que a Fortaleza- Pazo da Acrópole de Monterrei foi declarada monumento nacional en 1931 e na actualidade é un ben de Interese Cultural (BIC) que foi construído no século XII por Alfonso Henríquez, despois Rei de Portugal. En Monterrei imprimiuse tamén o primeiro incunable de Galicia, o coñecido Misal que leva o seu nome. “Os socialistas alegrámonos cando en 2010 a Xunta aceptou a súa cesión, e cando se decidiu facer o plan director. A partir dese momento, todo foron penas” con respecto ao monumento, lamentou o socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar