A Xunta destina fondos europeos para prevención de incendios á protección civil dos concellos

A Xunta destina fondos europeos para prevención de incendios á protección civil dos concellos

A Xunta destina fondos europeos para prevención de incendios á protección civil dos concellos

lume forestalO portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu hoxe que a Xunta está a destinar os fondos europeos para prevención de incendios a financiar as brigadas forestais que en realidade “ocúpanse da protección civil dos concellos”. García criticou unha política de prevención de incendios “encomendada a que haxa poucos incendiarios ou á climatoloxía”.

García sinalou que as brigadas de extinción están a ser ocupadas en labores que corresponden á protección civil, como é “atender ás festas locais ou ocuparse da seguridade da Volta Ciclista a España”, facendo da Consellería un servizo de “apagar lumes e contratar as brigadas de Protección Civil. Alertou que cando a UE fiscalice o destino destas axudas, que deberan dedicarse á prevención, “vainos caer o pelo”.

A Xunta, dixo, está a esquecer as tarefas de prevención para xestionar un servizo de extinción “cada vez mais caro, menos operativo e menos eficaz” e que obtén uns resultados exclusivamente dependentes da climatoloxía e da actividade incendiaria. Dixo que a política forestal da Xunta “non está pensada para extinguir lumes, senón para financiar o que é un negocio e unha industria en si mesma”.

O responsable socialista criticou que o goberno galego destine 108 millóns de euros para política forestal dunha Consellería de Medio Rural e do Mar que xestiona un total de 300 millóns e que destina á política pesqueira tan só 80.

Pitorreo

Cualificou de “pitorreo” que o financiamento destinado á prevención de incendios resulte inamovible independentemente do nivel de lumes, co que “gastamos cada ano 40 millóns de euros en aluguer de coches, helicópteros e persoal axa lumes ou non”.

Advertiu que cando “os cidadáns veñan aquí a que vostedes lles digan que este verán non choveu, que ardeu a metade pero que gastamos o mesmo e que estamos ben”. Ademais, explicou que os veciños e veciñas do rural “teñen claro que si este ano non ardeu o monte haberá mais para arder no próximo ano, e que canto mais tarde mellor arderá”.

Considera a xestión da Xunta “desconectada da realidade” por canto fai caso omiso a tódalas advertencias fronte ao abandono da actividade agraria, o abandono do territorio, a ausencia dunha política de xestión do territorio e unha política forestal errática”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar