A Xunta despilfarra 10.000 euros ao mes no aluguer dunha oficina en Sao Paulo para un só traballador

A Xunta despilfarra 10.000 euros ao mes no aluguer dunha oficina en Sao Paulo para un só traballador

A Xunta despilfarra 10.000 euros ao mes no aluguer dunha oficina en Sao Paulo para un só traballador

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle hoxe a Feijóo que dea conta da oficina comercial de 160 metros cadrados que mantén o Goberno galego en Sao Paulo cun aluguer de 10.000 euros mensuais para un só traballador. Méndez romeu denunciou hoxe “desvío de poder, despilfarro e ineficiencia na acción exterior da Xunta”.

Méndez Romeu indicoulle ao presidente en funcións da Xunta de Galicia que aproveite a súa viaxe a Brasil para aclarar si avala o mantemento deste inmoble. Lembrou que a oficina, situada na zona mais cara da cidade, está a ser xestionado pola CEG en virtude do convenio de 18 millóns de euros coa Xunta de Galicia para facerse cargo da acción exterior do Igape.

Tamén reclamoulle a Feijóo que explique si avala a xestión da CEG que, en virtude daquel convenio, creou a rede Pexga –Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia- coa que xestiona a dita oficina. Esta rede foi denunciada no pasado mes de xuño polo Ministerio de Traballo de Brasil por non ter sido formalizada e manter a tres traballadores estranxeiros sen permiso e dous brasileños ser rexistro.

Méndez Romeu lembrou que o Goberno galego está a incumprir o acordo do Parlamento de Galicia aprobado o pasado 28 de febreiro a través dunha moción do PSdeG na que entre outras cousas insta á Xunta a “dar conta ao Parlamento sobre o convenio asinado coa CEG para a xestión da Rede Pexga”.

O parlamentario socialista sinalou que a situación do inmoble de Sao Paulo mantén unha situación análoga a outra oficina localizada en Miami pola que o Goberno galego paga 7.000 euros a través da CEG en concepto de aluguer, ademais doutros 3.000 correspondentes ao salario dun asesor exterior.

Explicou que a viaxe de Feijóo continúa unha primeira visita a Arxentina na que o presidente da Xunta “non se interesou polos problemas das empresas galegas coon dificultades nin falou co goberno arxentino”. Ademais, tampouco solucionou a situación do hospital do Centro Gallego de Bos Aires, con 105 anos de historia e que hoxe está en perigo polo abandono do goberno galeo.

A xestión deste centro concluíu recentemente coa “fuxida” do actual secretario xeral de Emigración do goberno galego, quen abandona o posto “logo de deixar como herdanza unha situación catastrófica que deu lugar a múltiples problemas e a unha caída brutal dos orzamentos para a acción exterior do goberno galego”.

NGB

O responsable socialista criticou que a Xunta está a “pisotear sistematicamente os controis parlamentarios”, e puxo como exemplo a negativa durante 9 meses por parte da maioría do PP a aprobar unha Comisión de Investigación sobre as caixas galegas e as indemnizacións millonarias dos ex directivos. Anunciou que os socialistas presentarán de novo a solicitude “en canto sexa posible” logo da constitución do Parlamento de Galicia.

Dixo que o auto ditado onte pola Audiencia Nacional establecendo fianzas cautelares por presuntos delitos por parte dos ex directivos ao dispoñer do diñeiro da entidade e do FROB para establecer as súas propias xubilacións. Acusou ao goberno galego de “mirar para outro lado” diante do “expolio” da entidade e permitir “un ano perdido” para avanzar na investigación.

Criticou que “teña que ser un cidadán particular quen denuncie esta actuación mentres o Goberno galego, cos seus 9.000 millóns de euros de orzamento, non quixo botar luz sobre o fallido proceso de fusión”. Reclamoulle a Feijóo que explique “a quén protexe, qué intereses prioritarios defende” para negarse a ofrecer explicacións sobre o que agora se perfila como presuntas condutas delitivas.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Emi
    Novembro 7, 2012 a 18:05

    El funcionamiento de las plataformas empresariales de la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG ) en el extranjero es totalmente inoperativo. Su creación fue tarde mal y a rastras, no permitiendo en algunas de ellas la contratación legal de profesionales gallegos (cuyos impuestos son la fuente de ingresos del convenio de 18 ME que las nutre), incluso parte de las mencionadas en la extensa red (se puede comprobar en la página web de esta confederación), directamente no existen.

    El tema IGAPE vemos que sigue generando ciertos aromas pestilentes viendo como ese dinero “que no es de nadie” lo han puesto en manos de unos gestores que lo harán suyo.

    Es hora de exigir responsabilidades de toda esta parranda.

  2. jesus caneda
    Novembro 7, 2012 a 19:21

    Sr Mendez,tiene ud poca clase para una respuesta de hombre a hombre, olvidemos lo de socialistas.y sabe a lo que me refiero

Deixar a resposta

Pechar